PROCASA XIRIA 21 – S. A. R. 14
Procasa Xiria21 (7+14): Martín, LuísGarcía (2), Chouciño (4), Ricardo (3), Mario, Calvete, Rubén (4) -equipoinicial- Luís Iglésias, Damián (3), José (1), Nogales, Joaquín (4) S. A. R. 14 (7+7): Martín,…
Procasa Xiria21 (7+14): Martín, LuísGarcía (2), Chouciño (4), Ricardo (3), Mario, Calvete, Rubén (4) -equipoinicial- Luís Iglésias, Damián (3), José (1), Nogales, Joaquín (4)
S. A. R. 14 (7+7): Martín, Xurxo (5), Miguel (2), André (2), Pablo (1), José (1), Guillermo (2) -equipo inicial- Diego (1), Imanol, Iago, Khalia, José, Santiago
Colexiados: Alfonso Canitrot e Ignacio Obenza.
3ª xornada de liga na 2ª División Cadete e nova vitoria para o Procasa Xiria que, deste xeito, se mantén no máis alto da clasificación compartindo o liderato co Rasoeiro, aínda que os do Grove ocupan a 1ª praza pola golaveraxe.
Os de Redondela chegaban a Carballo con duas vitorias ao igual que o Procasa e durante a primeira metade púxolle as cousas dificiles aos locais. O Procasa Xiria non xogou o seu mellor encontro, sobre todo na primeira parte, onde xa puido poñer terra de por medio de non ser polas moitas imprecisións no pase e na recepción e varios lanzamentos errados dende os seis metros. De todos os xeitos os carballeses nunca temeron polo resultado final, víase de forma clara que era cuestión de tempo que o Xiria impuxera a súa intensidade e o bo ritmo defensivo que viña amosando nos partidos anteriores. Os locais conseguían igualar o encontro ao borde do descanso e retirábanse aos vestiarios con un esperanzador 7-7, nunha primeira metade na que as defensas impuxéronse estiveron aos ataques
Na reanudación, os locais aumentaron un pouco máis a súa intensidade defensiva o que propiciou que os de Redondela estiveran moitos minutos sen marcar. A atención e concentración tamén foron mellores nas tarefas atacantes e na transicción do contraataque. Polo tanto os erros cometidos na primeira parte solventáronse e facilitaron que o Procasa Xiria fora aumentando de forma paulatina a diferenza ao seu prol no marcador ata o 21-14 final.
O próximo partido do Procasa Xiria será o Sábado, 07/11/09, ás 12.00 h, na pista viguesa de Coia, onde sen enfronta ao Seis do Nadal, sexto clasificado con dous puntos.