Ifecgás Pereira Xiria (14+13) 27: Adrián, Sergio (1), Barreiro, Rubén, Fernando (5), Manuel (9), Raúl (5), Hugo, Eloy, Jesús, Alfredo, Zas (4), Aitor (1), Diego (2). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Balonmano Muralla (13+7) 20: Roque, Emilio (1), Angel (7), Álvaro (1), Héctor, Antonio, Alejandro (2), Juan, Marcos, Aaron (1), Manuel, José (4), Raúl (4).
Colexiado: Pablo León. Non influíu no resultado. Ben.
A pesar do resultado (27-20) non foi un partido nin moito menos fácil para un Ifecgás Pereira que tivo que emplearse afondo para dobregar a un combativo Bm Muralla na 13ª xornada da 2ª Autonómica.
Os primeiros minutos do partido corresponderon o Ifecgas que, cun xogo combinativo en ataque, dirixido por Javi Zas, e unha defensa 6:0 agresiva, comandada polos centrais Barreiro e Alfredo conseguiron poñer as primeiras diferenzas no marcador de tres goles. Esta renda mantívose ata os últimos minutos da primeira metade, onde a precipitación en ataque e os erros defensivos deixaron o partido mais aberto para a segunda métade, cos lucenses a tan só un gol dos de Carballo.
Pero o equipo dirixido por Juan M. Rodríguez non estaba por deixar escapar os dous puntos en xogo e partindo da defensa (só encaixou 7 goles na segunda metade) foi, sobre todo nos últimos 10 minutos de partido, incrementando as diferenzas no marcador ata chegar aos sete goles que reflectía o marcador final. E todo isto a pesar de fallar inumerables lanzamentos que puideron deixar resolto o partido moito antes.
A vindeira semana o Ifecgás Pereira Xiria visita a pista dun complicado Balonmán Fishing Work Viveiro, quinto clasificado a tan só dous puntos dos carballeses, nun partido que ten en xogo a permanencia nos postos altos da clasificación para os visitantes e para o asalto a eses postos por parte dos locais. Vellos coñecidos terán enfronte os do Xiria neste encontro con Juan Fernández e Randy na dirección técnica e con Martín formando parte da plantilla dos do Landro.
