Comeza a competición nas categorías Alevín Mixta e Benxamín Mixta

Esta fin de semana comeza a competición nas categorías Alevín Mixta e Benxamín Mixta, competición na que Carballo, coa organización das Escolas de Balonmán Xiria, será un dos tres ou catro focos provinciais oficiais onde se desenvolva a competición (os outros lugares son a area da Coruña e de Ferrol (falta por coñecer se Camariñas organizará competición na súa zona).

A fase carballesa se desenvolverase, nas dúas categorías, dende o 2 de febreiro ata o 10 de maio, en xornadas que terán lugar na mañá dos sábados no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.
Participarán na categoría alevín mixta seis equipos, os tres equipos da Escolas de Balonmán Caixanova Xiria: Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C, CEIP Fogar, CEIP Bergantiños e CEIP Razo.

Na categoría benxamín tomarán parte os mesmos equipos agás o CEIP Razo, no seu lugar estará o CEIP A Cristina.

Cos equipos das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria traballarán os técnicos Marcos Rodríguez, Bruno López e Juan M. Rodríguez, no CEIP Bergantiños Fernando Vázquez, no CEIP Fogar Juana Garrochena, no CEIP Razo Bruno López e no CEIP A Cristina José Luís Fraga “Pi”.