VIPECÓN XIRIA 33 – CALFONCAL LAVADORES 28
Vipecón Xiria 33 (16+17): Igor, David (5), Miguel (6), Jorge Viñas (2), Dragan (1), Javi (2), Tucu (3) -equipo inicial- Edu (5), Bisbi, Martín (4), Anes, Jorge Bouzas (2), Luís…
Vipecón Xiria 33 (16+17): Igor, David (5), Miguel (6), Jorge Viñas (2), Dragan (1), Javi (2), Tucu (3) -equipo inicial- Edu (5), Bisbi, Martín (4), Anes, Jorge Bouzas (2), Luís (3).
Calfoncal Lavadores 28 (11+17): Mario, Nico (6), Adrián (2), Óscar (9), Brais (1), Dani (4), Fran (2) -equipo inicial- Suárez (1), Pablo (2), Gonzalo, Lucas (1), Ezequiel.
Colexiados: Ricardo J. Domíguez.
Mal partido do Vipecón Xiria, onde se notou a ferida da inxusta derrota sufrida hai dous días en Vigo. O equipo de Carballo tiña un complicado traballo despois da derrota ante o Octavio, polo inxusta que foi e por ter que afrontar tan pronto outro partido coa obriga de gañalo para esgotar as útimas posibilidades de conseguir a ansiada segunda praza de novo.
Os de Carballo non sairon ao encontro coa forte intensidade que nos teñen acostumados, o ritmo en ataque e en defensa era baixo e só se mandaba no marcador con curtas vantaxes pola maior calidade individual. Chegado ao meridiano da primeira parte, os xogadores de primeiro ano daban un maior empuxe ao equipo e isto facía posible ampliar a diferenza ata o 16-11 do descanso.
Na segunda metade os carballeses non reaccionaron, seguían sen dar a sua mellor faciana e os de Vigo crecíanse e presionaban na súa defensa. Os locais, estáticos e precipitados, perdían un balón tras outro e isto facía temer polo resultado, xa que o Lavadores se acercaba a tan só un gol e dispoñía de dúas accións en seis metros para empatar o partido que, por fortuna, foron solventadas polo porteiro local. A partir de entón, de novo, as accións individuais dos de Carballo deron un respiro no marcador e abrían unha brecha ata os cinco goles de diferenza final, 33-28. Este resultado permite aos do Xiria seguir esperanzados coa milagre de que o Octacio ou perda na última xornada na pista do Teucro.
O próximo encontro que disputará o Vipecón Xiria será ante o Cisne o vindeiro xoves, ás 19.15 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, nun encontro que fora aprazado por mor da convocatoria do carballés David García coa Selección Española Promesas.Outra final para os carballeses que xa non poden fallar, por iso esperamos que o público acuda en masa a animar aos nosos rapaces que necesitan nestes intres de toda a axuda posible.