Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGAS PEREIRA XIRIA 27 – MECALIA ATL.NOVAS 31

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+11): Naya, Brais (3) ,Zas (12), Iago (4), Antón (3), Dani (2), Miguel (2) -equipo inicial- David Álvarez, Martín, Adrián, Jorge, David García (1). Mecalia Atl.…

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+11): Naya, Brais (3) ,Zas (12), Iago (4), Antón (3), Dani (2), Miguel (2) -equipo inicial- David Álvarez, Martín, Adrián, Jorge, David García (1).

Mecalia Atl. Novás: 31 (13+18): Sergio, Jorge (4), Marcos (2), Mario (4), Miguel (10), Carlos (6), Gabriel (5) -equipo inicial- Diego, Fabián, Juan, Dorado, Sousa, Estévez, Fernández.

Colexiados: José María García. Non tivo un partido afortunado, aínda que non influíu no esultado final.

Mal partido do Ifecgás Pereira Xiria que deixou escapar dous puntos importantísimos cando xa os tiña practicamente no peto.

O partido comezou cun equipo local entregado pola causa e arrollador, o que provocou que o tecnico visitante tivese que pedir un tempo morto cando o marcador reflectía un contundente 5-1 a prol dos de Carballo. Pero, tras este tempo morto, un parcial de 0-5 poñía ao equipo do Rosal por diante no marcador dunha forma imcomprensible, ante un Ifecgás Pereira Xiria que non foi quen de reaccionar. A igualdade foi a tónica xeral da primeira parte a partir deste intre, tan só rota en dúas ocasións polos bergantiñáns con sendos 3-0 de parcial, que posibilitaba o 16-13 que debuxaba o electrónico no descanso.

A segunda parte seguíu coa tónica da igualdade, aínda que sempre con vantaxes curtas de dous e tres goles para os de casa. Cando parecía que o Ifecgás Pereira Xiria se ía quedar cos dous puntos chegou a debacle, dunha maneira pouco entendible: Faltaban dez minutos para o remate do partido, o equipo da casa controlaba o encontro, gañaba de tres tantos e contaba coa posesión do balón e por riba, os do Rosal tiñan un xogador menos na pista. Foi entón cando tres pases directamente ao contrario regaláballes tres goles aos xogadores do equipo contrario, o que supoñía o empate. Para o Xiria remataba o partido, o exceso de ansiedade provocaba erro tras erro, e os do Novás, que xa daban o partido por perdido, saían reforzados e espoleados polos agasallos dos locais, facendo en pouco tempo un 0-6 de parcial.

Derrota máis que dolorosa para os carballeses pola forma en que se producíu, pero unha lección a aprender no futuro para non voltar a caer nos mesmos erros.

A Vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria visitará a pista do Bm Pabellón Ourense.