IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27 – SEIS DO NADAL COIA 34

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (12+15): Dani López, Brais (2), Iago (5), David (6), Miguel (7), Luís (2), Mario (1) -equipo inicial- Igor, Alvarito, Jorge Viñas (4), Martín, Joaquín, Cristian, Dani Amado.

Seis do Nadal Coia: 34 (19+15): Carlos, Diego (10), Alberto (5), David (5), Guillermo (4), Manu (4), Abraham (4) -equipo inicial- Pedro (2), Víctor, Enrique, Óscar, Rodrigo, Adrián.

Colexiado: Abel Juncal e Julio Villanueva.

O Ifecgás Pereira Xiria caeu derrotado, na 6ª xornada de liga na División de Honra xuvenil, fronte ao equipo vigués do Seis do Nadal, un dos conxuntos con maior potencial da categoría.

Os de Carballo saíron fríos á pista do Carballo Calero e tardaron en atopar o ritmo competitivo adecuado. O equipo visitante aproveitou os seus baluartes ofensivos para perforar a portería bergantiñá, ben nos ataques estáticos, ben nos rápidos contaataques que chegaban por calquera das zonas do campo. Este primeiro asalto foi moi desigual, cos vigueses sempre por diante no marcador disfrutando de diferenzas moi cómodas. Ao descanso chegouse cun marcador de 12-19 que parecía poñer as cousas moi costa arriba para os locais.

O cambio de defensa do Ifecgás Pereira deu resultado na reanudación e, tanto os dous xogadores avanzados como a defensa con duas mixtas ou individual dende medio campo, rompeu o ritmo do Sedona e fixo posible acadar un resultado parcial de 15-15 nesta segunda metade. A pesar da loita de todos os xogadores do equipo carballés ata os últimos instres do encontro, foi imposible reducir esa diferenza que acadaran os de Vigo no primeiro acto, sobre todo, debido á incuestionable calidade que atesouran os de Coia nas suas filas. Así pois o 27-34 final deixa aos de Xiria sen os dous puntos en loita neste encontro e á espera de conseguir un mellor resultado a vindeira fin de semana na pista viguesa de Lavadores.

O Ifecgás Pereira enfróntase, o vindeiro sábado ás 18.00 h, no Pavillón de Lavadores, a Las Cinco Jotas Lavadores, outro rival de entidade para os de Carballo, o que augura un excelente e atractivo partido entre dous equipos que apostan por un balonmán certamente dinámico cara ao espectador.