LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 25

Las Cinco Jotas Lavadores: 33 (14+19): Mario, Iván (4), Dani (7), Joaquín (9), Nico (3), Rafa (3), Jacobo (3) -equipo inicial- Borja, Adrián, Manuel (1), Santi (3), Solla, Fran.

Ifecgás Pereira Xiria: 25 (12+13): Igor, Luís (3), Iago (6), Brais (7), Miguel (3), Mario, Jorge Viñas (4) -equipo inicial-Dani López, Cristian, Martín, Joaquín, Antón, Dani Amado, Jorge Docampo.

Colexiado: Águeda Bravo e Ana Correa.

O Ifecgás Pereira Xiria saíu derrotado o pasado sábado do pavillón de Lavadores fronte a un equipo local que comandou o encontro dende o inicio. Os de Xiria loitaron ata a extenuación e amosaron una balonmán atractivo durante o primeiro acto. Na reanudación, o cansancio acumulado e a merma de efectivos no plantel por diversas circunstancias pasaron factura aos carballeses que viron como os de Vigo ampliaban as distancias basicamente apoiados na profundidade do seu banquiño.

Dende o primeiro momento, a tónica do marcador foi a igualdade, aínda que sempre con diferenzas curtas a prol do Lavadores. O Ifecgás Pereira mostraba traballo e disciplina no ataque posicional e intensidade e contundencia en tarefas defensivas. A batalla estaba a ser constante entre dous equipos que non se daban o máis mínimo respiro ante a importancia dos puntos en xogo e, neste xeneroso esforzo, remataba o primeiro asalto con marcador de 14-12 a prol dos locais.

O equipo carballés non puido aguantar o tremendo ritmo que demandaba o encontro no día de hoxe e apenas aguantaba medio tempo da reanudación. Isto aproveitouno o Lavadores para marcharse no electrónico cunha diferenza que ía ser insalvable para os de Carballo. Ao remate do encontro, ese 33-25 deixa os dous puntos en poder dos locais e ao Ifecgas Pereira agardando, unha xornada máis, para conseguir dous puntos que o saquen da parte baixa da clasificación.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira Xiria, será o vindeiro sábado, ás 12.15 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia, ante o Rasoeiro do Grove.