Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 33 – SERVICOM SEIS DO NADAL COIA 13

Vipecón Xiria: 33 (17+16): Zúpez, Javi (3), Martín (1), Anes, Calvete (4), Álex (2), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Jorge (7), Luís (1), Óscar (2), Jose (2), Julián (2), Edu(5),…

Vipecón Xiria: 33 (17+16): Zúpez, Javi (3), Martín (1), Anes, Calvete (4), Álex (2), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Jorge (7), Luís (1), Óscar (2), Jose (2), Julián (2), Edu(5), Miguel.

Servicom Seis do Nadal Coia: 13 (6+7): Alexandre, Andrés (4), Diego (2), Borja (1), Miguel (2), Xoel (2), Martín (2) -equipo inicial- Ángel, José, Anxo, Pablo, Óscar, Samuel.

Colexiado: Abel Juncal e Julio Villanueva.

O Vipecón Xiria impúxose ao Servicom Seis do Nadal Coia na 6ª xornada de liga na División de Honra cadete. Vitoria incontestable dos de Carballo que lle permito continuar na loita polos postos máis altos da táboa clasificatoria, a pesar da derrota da pasada fin de semana en Lalín.

A primeira metade foi claramente de dominio local dende o inicio. A defensa do Vipecón impúxose con claridade ao ataque dos olívicos. Os carballeses mataban o partido ao contaataque e desplegaban no parqué do Carballo Calero un balonmán rápido, dinámico e atractivo. No descanso o encontro xa estaba precticamente finiquitado con un abultado 17-6 a prol dos locais.

A segunda metade non tivo historia, os do Xiria apretaban o acelerador á saída dos vestiarios e facían outro parcial semellante ao do primeiro tempo, 16-7, que deixaba ben claro as diferenzas entre ambas escadras. Os de Vigo, resignados, agardaban con ansia o pitido final por parte dos colexiados.

Ao remate, un 33-13 que permite aos de Carballo seguir nos postos altos da taboa clasificatoria con tan só unha derrota, á espera de visitar a semana que ven a dificil pista do Lavadores de Vigo, partido que se xogará o sábado ás 16.30 h no Pavillón de Lavadores.