IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – BM. PABELLÓN OURENSE 24

Ifecgás Pereira Xiria 28 (12+16): Naya, Iago (3), Brais (4), Antón (2), Miguel (6), Zas (7), Dani (3) -equipo inicial- Bisbi, David Álvarez, Adrián, Cristian, Martín, Jorge Viñas (3), Iván.

Bm Pabellón Ourense 24 (9+15): Fernando, Rivas (6), Ángel (4), Nieto (2), Pablo (5), Victor (4), Manu (2) -equipo inicial- Tomás (1), Óscar, Martínez, Adrián, Mateos.

Colexiados: Pablo Portela e Gonzalo Piñeiro.

Partido clave o que disputaban Ifecgás Pereira Xiria e Bm Pabellón na 14ª xornada de liga na División de Honra Xuvenil. Os ourensán chegaban a Carballo en postos de descenso mentres que os carballeses necesitaban unha vitoria se non querían verse implicados na loita por salvar a categoría. Ademais o Pabellón xa lle gañara ao Xiria no encontro da primeira volta.

O equipo carballés entrou indolente e sen actitude no envite, algo incomprensible co que estaba en xogo, pero o desastroso partido dos bergantiñáns fronte un rival moi limitado foi un feito. O encontro foi sempre de cara para os locais, pero con vantaxes curtas que en calquera momento podían poñer en serios apretos os intereses dos rapaces de Fernando Vázquez. As sensacións que daban non eran convincentes e o balonmán que amosaban era pésimo. Os de Ourense,a pesar da súa inferior calidade, grazas sobre todo a súa maior entrega, actitude e á labor do seu porteiro, mantiñanse no encontro, simplemente esperando o erro dos locais. Os xogadores do Ifecgas Pereira xogaban andando e o balón circulaba moi lentamente, moi lonxe do excelente balomán que lles levara a acadar o ano pasado, a moitos dos integrantes deste equipo, o cuarto posto na Liga de Honra na categoría cadete. O Bm Pabellón xogou moi ben as súas cartas, mostrábanse atentos, concentrados e contundentes na defensa 6:0, axudados polo seu porteiro e no ataque posicional só se limitaban a aproveitar as facilidades e a indolencia defensiva dos carballeses. No descanso o marcador era favorable aos locais por 12-9.

A segunda metade foi máis do mesmo, os de Ourense mantíñanse cerca no electrónico tras a reanudación e, polo tanto, as distancias movíanse neses gorismos de tres ou catro goles a prol dos de Carballo. Nin a defensa 6:0 nin a defensa mixta ao central visitante deron os seus froitos e o que xa empezara mal remataba coas mesmas malas sensacións, 28-24, ante un equipo inferior en calidade, factor que non se notou. O mellor, os dous puntos que manteñen aos do Ifecgás Pereira Xiria na metade da táboa e ampliando a distancia cos postos descenso. No lado negativo, as sensacións na pista e que non se foi quen, nin tan sequera, de gañarlle a golaveraxe particular ao equipo ourensán.

O vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria visita a pista dun dos equipos fortes da competición, o Seis do Nadal. O partido disputarase o sábado ás 11.30 h no Pavillón de Coia, Vigo.