IFECGAS PEREIRA XIRIA 28 –CAIXANOVA OAR 44

Ifecgas Pereira Xiria (15+13) 28: Chou, Damián (2), Ricardo (1), David (18), Heitor (1), Ivan, Joaquín, Miguel (4), Bisbi, Luis, Jorge (2). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Caixanova Oar (23+21) 44: Miguel, Jaime (1), Rodrigo (3), Angel (14), Jorge (1), Julio (1), Gonzalo (9), De la Torre (16), Sergio, Adrián, Alberto. Adestrador: Abel Valcarcel.
Colexiados: José Perez. Non influíu no partido.

Desaparecidos en combate. Así se pode calificar o encontro dun esvaecido Ifecgás Pereira Xiria que perdeu o seu primeiro partido da campaña e o primeiro posto da táboa na derradeira xornada de liga, co que os de Carballo rematan a Liga obtendo o subcampionato.

Partido cuxo marcador reflicte o que foi o partido. Un Xiria inoperante que non foi capaz de atoparse no partido en ningún momento. Desaparecidos en defensa e en ataque, agás un xogador que sacou o orgullo e intentouno en ataque, pero un contra seis era unha tarefa complicada.

Resultado moi duro para os compoñentes do equipo que, sen dúbida, vailles facer ver que sen traballo en conxunto, coa achega de todos os xogadores en todas as facetas do xogo, non se consegue nada ante ninguén

A pesar deste resultado, no último partido de liga, o Ifecgás Pereira Xiria acadou un segundo posto, con empate a puntos co primeiro, e deixando unhas sensacións na liga que auguran un gran futuro para o equipo. Non queda máis que felicitar ao OAR polo campionato acadado.