Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – EM CAMARIÑAS 27

Ifecgás Pereira Xiria 28 (15+13): Naya, Iván (8), Zas (7), David (5), Iago (1), Óscar (2), Dani (3) -equipo inicial- Andrés, Néstor, Diego, Antón, Brais, Pombo (2). EM Camariñas (11+14):…

Ifecgás Pereira Xiria 28 (15+13): Naya, Iván (8), Zas (7), David (5), Iago (1), Óscar (2), Dani (3) -equipo inicial- Andrés, Néstor, Diego, Antón, Brais, Pombo (2).

EM Camariñas (11+14): Félix, Canosa (9), Barcia (3), Carlos (2), Manuel (2), Alonso (4), Campaña (6) -equipo inicial- Bruno, Martín, Caamaño (1), Figueroa, Sergio Iván, Damián.

Colexiados: Julio López e Andres Rosendo. Tiveron moitos erros para os dous bandos e complicouselles o partido que se voltou demasiado bronco.

Importatantísimo o derbi que enfrontoua a Ifecgás Pereira Xiria e EM Camariñas na pista da Zona Escolar e que se saldou coa vitoria pola mínima dos de Carballo. Encontro que era vital para evitar caer nos postos perigosos da clasificación.

O Ifecgás Pereira Xiria volveu contar coa participación de Antón, David, Brais e Iago, os catro xogadores cadetes nominados para xogar na categoría xuvenil o que facilita ao técnico carballés Fernando Vázquez facer rotacións e dar descanso aos xogadores durante o xogo nun equipo cunha plantilla bastante curta. Os locais fixeron un mal partido, faltos de intensidade e concentración ante un equipo con menos calidade pero moito máis batallador e competitivo. Aínda así, o Ifecgás Pereira Xiria mantíñase por diante no marcador grazas ao maior talento e calidade de varios dos seus xogadores. No intermedio o electrónico sinalaba un 15-12 que non invitaba á tranquilidade na reanudación.

E así foi, na segunda metade os de Camariñas, intensos e combativos coma sempre, deron unha lección neste sentido aos carballeses, ata o punto de que foron capaces de poñelos contra as cordas nos instantes finais. Este mesmo exceso de intensidade foi o que levou aos visitantes a levar o partido cara un terreo bronco nun momento no que os de Carballo aproveitaron para irse cunha diferenza de catro goles que xa sería insalvable para o equipo de Camariñas. O marcador curto, cara o que poida pasar na segunda volta, pero ao fin e ao cabo dous puntos importantísimos para evitar caer en zonas complicadas da clasificación.

O próximo encontro a disputar para o Ifecgás Pereira Xiria será na pista do Cisne dentro de dúas fins de semana posto que na próxima non haberá competición por mor dos compromisos da Selección Galega Xuvenil.