XORNADA 13
27/01/2013
Ifecgás Pereira Xiria: 29 (14+14): Zúpez, Calvete (4), Martín (7), Javi (2), Jorge (4), Edu (1), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- José, Julian (2), Rubén Anes (4), Álex (1), Alberto, Fidi, Óscar
SD Teucro Asegrup: 21 (11+10): Tomás, Miguel (1), Matías (1), Iván (5), David (2), Pombo (3), Marcos (4) -equipo inicial- Rodrigo (1), José (1), Rubén, Aitor (1), Tilve (1), Ameijeiras (1)
Colexiadas: Tania Rodríguez e Tatiana González.
O encontro, enfrontaba ao primeiro clasificado, Ifecgás Pereira Xiria con 21 ptos, contra o quinto clasificado e un dos aspirante ao título final, SD Teucro Asegrup con 16 ptos, polo que se prevía un envite igualado e sufrido para os de Carballo, aínda máis cando era a última oportunidade dos pontevedreses para non descolgarse dos postos máis altos da táboa.
Dende os primeiros compases podíase comprobar que non ía a ser o día do Xiria. As sensacións que transmitía o equipo non era boas; estaban demasiado estáticos, faltaba velocidade no contragolpe e mobilidade no ataque posicional. O xogo non estaba a ser dinámico e os erros sucedíanse unha e outra vez de feito incomprensible. A sorte era que o equipo visitante tampouco amosaba o seu mellor día e neste contexto o partido volvíase feo cara o espectador, sen ritmo e con moitas imprecisións de un e outro equipo, que mantiñan a igualdade no marcador aló polo paso do minuto dez (5-5). Cando o Ifecgás conseguiu enlazar tres defensas, sen perdas de balóns no contaataque, puido establecer un parcial cómodo de tres goles, que ao final sería definitivo para ir con vantaxe ao descanso (14-11).
Foi na reanudación cando o Ifecgás Pereira ampliou a avantaxe, a pesas de que o xogo, seguía a ser lento e moi errático, sobre todo nos lanzamentos dende seis metros. Certa intensidade defensiva por momentos e a excelente labor baixo paos de Zúpez, unido o pouco acerto no lanzamento exterior dos pontevedreses, fixeron posible que os bergantiñáns non sufriran nos instantes finais e ampliaran a súa vantaxe ata eses sete goles que indica o marcador final (28-21).
Importantísima vitoria para que o Ifecgás Pereira Xiria siga na primeira posición da táboa clasificadora con un punto de vantaxe sobre o Balonmán Lalín e amplíe ata os cinco puntos a diferenza co terceiro clasificado, o Balonmán Cangas.
A próxima fin de semana, o Ifecgas Pereira viaxa ata O Porriño para enfrontarse ao equipo desta localidade, un Balonmano Porriño que pecha a clasificación sen aínda ter puntuado..