Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGAS PEREIRA XIRIA 29 – C.B. Pontedeume 16

26/01/2004 8ª XORNADA IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Cristophe(3), Rubén(2), Anxo(10), Aitor(5), Rodrigo, Gonzalo(5), Iván, Javi(4), Iago, Alejandro. C.B. PONTEDEUME: Andrés, Cristian, Unay(3), Enrique, Pablo, Emilio, Santiago(4), Bruno(3), Alex, Diego(3), Javier(3).…

26/01/2004 8ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Cristophe(3), Rubén(2), Anxo(10), Aitor(5), Rodrigo, Gonzalo(5), Iván, Javi(4), Iago, Alejandro.

C.B. PONTEDEUME: Andrés, Cristian, Unay(3), Enrique, Pablo, Emilio, Santiago(4), Bruno(3), Alex, Diego(3), Javier(3).

Gran partido dun Ifecgas Pereira Xiria que se creceu ante as adversidades; primeiro tivo que afrontar o encontro cos xogadores de campo xustos, debido ás baixas de Rodrigo e de Álex que se atopaban lesionados, despois tivo que remontar un 0- 4 adverso e por último, e non por iso menos importante, tivo que aguantar a calamitosa actuación arbitral do colexiado Vicente Pérez, que non contento con chegar con media hora de atraso permitiu unha dureza esaxerada por parte do Pontedeume que non foi sancionada en todo o encontro. Ante este panorama o equipo carballés tivo que facer de tripas corazón e espremer ó máximo a súa defensa, que foi clave na consecución da victoria.

Con 0 – 4 no marcador no minuto 7, o adestrador carballés pediu un tempo morto que foi o punto de inflexión no discorrer do encontro. A partir dese momento a defensa do Ifecgas Pereira Xiria mostrouse infranqueable para o Pontedeume, que só puido meter 2 goles mais en toda a primeira metade. Na segunda, as diferencias foron aumentando ata o 29 – 16 final que foi a máxima diferencia no marcador. Cabe destacar tamén que o equipo carballés tivo que xogar cun home menos durante 8 minutos na segunda metade pola lesión de Gonzalo Pombo, que sufriu un empurrón cando ía só en contraataque e que por suposto non foi sancionado polo colexiado.
A vindeira semana o conxunto carballés desprazarase a Ferrol para enfrontarse ó Tirso de Molina no encontro que porá fin á primeira volta do campionato.