VIPECÓN XIRIA 38 – CAIXANOVA OAR 33
Vipecón Xiria 38 (19+19): Zúpez, Martín (6), Edu (1), Jorge (15), Álex (2), Rubén (6), Javi (2) -equipo inicial- Cristian, Óscar, Alberto, Julián (4), José, Anes (1), Calvete (1). Caixanova…
Vipecón Xiria 38 (19+19): Zúpez, Martín (6), Edu (1), Jorge (15), Álex (2), Rubén (6), Javi (2) -equipo inicial- Cristian, Óscar, Alberto, Julián (4), José, Anes (1), Calvete (1).
Caixanova OAR: 33 (13+20): Adrián, Jaime (8), Rodrigo (10), Ángel (6), Sergio (5), Dani (4), Mateo -equipo inicial- Jairo, Álvaro, Manuel, Carlos, Miguel, Jorge, Nacho.
Colexiado: Andrés Rosendo e Pablo Álvarez.
O Vipecón Xiria demostrou o seu bo facer e deixou moi claro a súa superioridade fronte ao OAR, acadando dous puntos esenciais que lles acercan un pouquiño máis a conseguir o título de campión galego e lle aseguran, como mínimo, a segunda praza na clasificación final.
A falta de dúas xornadas para rematar a liga de División de Honra na Cadete o Vipecón avantaxa en 3 puntos ao Lalín que ten un encontro menos disputado. As bancadas do pavillón carballés presentaban un aspecto inmellorable con seareiros de ambos equipos que puideron disfrutar dun mánífico encontro.
Tivo que sufrir o Vipecón Xiria na segunda metade, cando parecía que o encontro estaba controlado, pero a realidade foi que o OAR queimou neste segundo periodo as suas últimas esperanzas de acadar o segundo posto da clasificación e puxo en algún que outro apreto aos de Carballo. Os de Xiria deleitaron as bancadas con un balonmán de altos vos nos primeiros trinta minutos: concentración, intensidade, velocidade… que deixaron patente unha gran superioridade dos locais. Mediado este primeiro acto o partido parecía roto a prol dos bergantiñáns, a súa defensa non deixaba lanzamentos comodos dos visitantes e os rápidos contraataques facían o resto para acumular xa unha importante vantaxe no descanso, 19-13, fronte a un equipo coruñés que non era quen de seguir o ritmo dos do Xiria.
Na reanudación, os do OAR saíron a por todas, sabedores da última oportunidade de acadar os postos que lles deran o pasaporte para o campionato de España. Un parcial de 0-4 en poucos minutos apretaba o marcador e poñía en algunha que outra dificultade ao equipo local, que aínda así non daba a sensación de descompoñerse. En canto os do Vipecón apretaron de novo en defensa, puideron correr e solventar o envite no contraataque. No ataque posicional, os últimos minutos fotron sinxelos para os de Xiria que destrozaban a retagarda coruñesa cunha alta velocidade de balón e letais 1×1.
Moita satisfacción polo triunfo nas caras dos rapaces e dos moitos seareiros que encheron os graderíos do Vila de Noia, xa que este resultado permite aos de Carballo asegurar a segunda plaza e seguir comandando a clasificación en busca do título galego a falta de duas xornadas para o remate da liga.
Na seguinte xornada, o Vipecón repite en Carballo enfróntandose ao Lavadores no que será a penútima final en busca de ese ansiado título. O partido disputarase o domingo 27 ás 12:15 no Vila de Noia.