IFECGAS PEREIRA XIRIA 31 – GRUPO DEPORTIVO RIVEIRA 27
Ifecgas Pereira Xiria (18+13) 31: Guillín, Sergio (6), Ruben, Fernando (4), Manuel (5), Raul, Hugo (4), Eloy (4), Jesús (4), Alfredo, Javi (2), Aitor (2), Diego. Grupo Deportivo Riveira (11+16)…
Ifecgas Pereira Xiria (18+13) 31: Guillín, Sergio (6), Ruben, Fernando (4), Manuel (5), Raul, Hugo (4), Eloy (4), Jesús (4), Alfredo, Javi (2), Aitor (2), Diego.
Grupo Deportivo Riveira (11+16) 27: José M., Juan Pandiño, Juan Camean, Antonio (9), Andrés (5), Pablo (10), José (3), José M. Mosquera, Pablo Priño.
Arbitros: Daniel Lago Leiros e Jose Carlos Fernández. Sen complicacións.
Na mañá do domingo o Ifecgás Pereira Xiria puido volver a senda do trunfo tras derrotar a un correoso Grupo Deportivo Riveira en encontro pertencente á sétima xornada da Segunda División Autonómica Masculina.
O encontro comezou cuns intensísimo primeiro cuarto de hora, onde o marcador non mostraba grandes diferenzas produto do vistoso partido que se estaba disputando no parqué carballés. Pero pouco a pouco o Ifecgás Pereira, a través dunha agresiva e contundente defensa que maravillou ao público no presente no pavillón, foi marcando diferenzas no marcador. Diferenzas que se consumaron grazas a dúas exclusións continuadas dos do Barbanza que con catro homes na cancha non puideron parar o ciclón carballés que se ían ao descanso cunha vantaxe de sete goles (18-11).
O segundo tempo tivo dous cuartos ven diferentes. Un primeiro no que o Riveira foi a pola remontada e que non só non puido conseguir, senón que as vantaxes foron cada vez a maiores até chegar aos dez goles a prol dos de Juan Rodríguez. Todo isto grazas a unha poderosa defensa e a un rápido e eficaz ataque. Nos últimos quince minutos, o Ifecgás, producto da relaxación, baixou a intensidade defensiva e cun ataque impreciso e con continuas perdas de balón e erros nos lanzamentos, fixo que pouco a pouco os visitantes fosen achegándose no marcador creendo nunha posible remontada que non chegou.
O final, vitoria de catro goles que deixa no pavillón da Zona Escolar de Noia dous novos puntos ansiados despois de tres derrotas consecutivas.
A vindeiro fin de semana os carballeses intentarán seguir con este nivel nun partido que os enfrontará a domicilio ao Balonmán Ferrolterra, colista da competición, na oitava xornada da Segunda División Autonómica Maculina.