IFECGAS PEREIRA XIRIA 46 – BM PONDEDEUME.ES 1
Ifecgas Pereira Xiria (22+24) 46: Brais Pazos, Damián (2), David (10), Heitor (3), Ivan, Joaquin (2), Jorge Viñas(5), Luis García (3), Miguel (21), Ricardo, Alejandro. Balonmán Pontedeume.es (1+0) 1: David…
Ifecgas Pereira Xiria (22+24) 46: Brais Pazos, Damián (2), David (10), Heitor (3), Ivan, Joaquin (2), Jorge Viñas(5), Luis García (3), Miguel (21), Ricardo, Alejandro.
Balonmán Pontedeume.es (1+0) 1: David Sanjuan, David Rivas, Anton, Antonio, David Preso, Kevin (1), Hugo, José, Mar´tin, Carlos Veiga, Carlos Taboada, Fernando.
Colexiado: José Ignacio Pereira Navaza. Sen complicacións.
O Ifecgas Pereira Xiria disputou o seu segundo partido no campionato territorial de cadete masculino. Segundo partido que rematou, como o primeiro, con victoria do equipo carballés.
O partido só tivo historia nos primeiros minutos nos que unha sólida defensa e un rápido i eficaz contrataque fixo que o equipo local se marchase pronto no marcador cun parcial de 13-0. Lonxe de relaxarse o equipo carballés seguiu traballando ata o último minuto do partido. Circunstancia que pode verse en que só encaixou un gol e durante os primeiros 25 minutos do partido, namentres a diferenza aumentaba cada vez mais e mais ata chegar os 45 goles.
O cadro de Carballo só concedeu un gol en contra. Gol que se produciu na primeira metade e que ven a recalcar a alta concentración que mantivo no partido e que no canto de relaxarse os rapaces do Ifecgás Pereira seguiron traballando con intensidade ata o pitido final.
A vindeira fin de semana intentarase seguir con este nivel no partido que enfrontará o Ifecgas Pereira Xiria coa Escola Municipal de Camariñas en campo rival.