IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31 – RASOEIRO BM. 18

Ifecgás Pereira Xiria 31 (14+17): Igor, Brais (7), Iago (7), Cristian, Miguel (8), Jorge Viñas (2), Ricardo(4) -equipo inicial- Dani López, Joaquín, Martín, Luís (1), Antón (2), Dani Amado, Mario.

Rasoeiro Bm.: 18 (7+11): Diego, Luís (3), Aarón (1), Sergio, Adrián (3), Bruno, Dani (2) -equipo inicial- Garrido (2), Alejandro, Otero (4), Samuel (1), Iñaki (2), David, Prol.

Colexiados: Andrés Rosendo e Carla Díz.

Excelente partido o quefixo o Ifecgás Pereira Xiria ante o Rasoeiro do Grove na oitava xornda de liga na División de Honra xuvenil. Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresainte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha victoria ampla e contundente baseada nun balonmán rápido e vistoso, con mostras de moita calidade.

Dende o primeiro momento o Ifecgás Pereira comandou o marcador, sabedor do moito que se xogaba no envite. Os locais destacaron pola sua fantástica defensa, aínda que tardaron certo tempo en abrir a brecha no marcador debido ás imprecisións no lazamento final, xeralmente dende a liña de seis metros. A partir de aí o Xiria sempre dispuxo dunha vantaxe cómoda que non facía perigar os seus intereses, chagando ao intermedio cun 14-7 case que definitivo para os carballeses.

O equipo bergantiñá aproveitou a segunda metade para distanciarse máis no marcador, amosando demostrou un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo dispuxeron de minutos e renderon a gran nivel, demostrando que o traballo en equipo da os seus froitos.

Con esta vitoria, o Xiria fuxe dos postos de descenso e ascende ata a novena posición, xustamente por encima do seus rival de hoxe. A recuperación de xogadores lesionados fainos ser optimistas cara a poder seguir subindo posicións e demostrando o verdadeiro nivel deste equipo. O próximo compromiso dos carballeses será o domingo, 12 de decembro, ás 12.15 h, coa visita ao Vila de Noia da S.D. Teucro.