Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31 – SEIS DO NADAL-COIA 19

XORNADA 22 Ifecgás Pereira Xiria: 31 (18+13): Zúpez, Jorge (6), Julián (3), Javi (4), Anes (3), Rubén (2), Calvete (4) -equipo inicial- José (1), Fidi, Edu (3), Alberto (1), Iván…

XORNADA 22

Ifecgás Pereira Xiria: 31 (18+13): Zúpez, Jorge (6), Julián (3), Javi (4), Anes (3), Rubén (2), Calvete (4) -equipo inicial- José (1), Fidi, Edu (3), Alberto (1), Iván (2), Óscar, Enrique (2)..

Seis Do Nadal-Coia: 19 (10+9): Alexandre, Miguel (2), Martín, Xoel (4), Diego (5), Jorge (3), Ángel -equipo inicial- Óscar (3), Adrián (2), Pablo, Alfredo, Borja, Santi.

Colexiados: Andrés Bacelar e Abel Juncal.

O IFECGAS PEREIRA XIRIA, SUBCAMPIÓN GALEGO!!!!

Aínda que o subcampionato galego e polo tanto a participación no campionato de España xa estaba conseguido de forma matemática hai xa algunhas xornadas, os rapaces do Ifecgás Pereira Xiria fixeron un partido serio na derradeira xornada de liga da División de Honra xuvenil. O conxunto de Carballo desexaba despedirse dos seus siarei@s cun bo encontro e, de paso, preparar os próximos envites que terán que afrontar no campionato de España a celebrar o fin de semana do 19,20 e 21 deste mes.

Pese a todo os instantes iniciais do encontro foron espesos e erráticos. Os bergantiñáns tardaron quince minutos en entrar no partido e isto reflectíase no marcador polo paso do minuto dez (3-3). As tornas cambiaron de seguido e un parcial de 5-0 poñía aos de Xiria nunha situación vantaxosa no vinte da primeira parte (8-3). A intensidade defensiva comezaba a ser maior e permitía que os carballeses desplegaran a súa velocidade no contragolpe para perforar a portería dos olívicos en varias ocasións. No posicional, o Ifecgás Pereira comezaba a xogar de forma máis disciplinada e as permutas e cruces entre a primeira liña danaban a retagarda do Sedona. Os conxuntos retirábanse no tempo de lecer coa máxima renda acadada polos carballeses e que daba case por rematado o envite (18-10).

A reanudación foi de trámite e tan só mantiña a incerteza do resultado e o avultado que sería o marcador final. Unha segunda parte que pasou sen sobresaltos e cun conxunto local levando de xeito maxistral o ritmo do xogo e do encontro. Nos últimos minutos, os carballeses levantaron o pé do acelerador e permitiron que o equipo visitante maquillara esta parte cun parcial de 13-9 que deixaba o marcador final en 31-19 para os xuvenís de Xiria.

Na próxima fin de semana, o Ifecgás Pereira xogará as semifinais da Copa Federación frente ao campión ligueiro, o Balonmán Lalín, aínda que a cita verdadeiramente importante será dentro de dúas semanas na primeira fase do Campionato de España.