Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – RASOEIRO BM. 22

Ifecgás Pereira Xiria: 33 (14+19): Igor, Brais (7), Iago (4), David (6), Miguel (5), Antón (5), Mario -equipo inicial- Alvarito, Dani, Mourín, Jorge Viñas (3), Martín, Luís, Ricardo (3). Rasoeiro…

Ifecgás Pereira Xiria: 33 (14+19): Igor, Brais (7), Iago (4), David (6), Miguel (5), Antón (5), Mario -equipo inicial- Alvarito, Dani, Mourín, Jorge Viñas (3), Martín, Luís, Ricardo (3).

Rasoeiro Bm.: 22 (10+12): Álex, Luís (6), Aarón (10), Sergio (4), Adrián (1), Bruno (1), Dani -equipo inicial- Garrido, Diego, Otero, Samuel, Iñaki, David, Prol.

Colexiados: Tatiana González e Carla Díz.

O Ifecgás Pereira Xiria cuaxou un excelente partido o pasado sábado no Vila de Noia de Carballo no partido, pertencente á 2ª xornada da Copa Federación, que o enfrontou ao Rasoeiro do Grove. Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresainte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha vitoria ampla e contundente baseada nun balonmán rápido e vistoso e con mostras de moita calidade.

Dende o primeiro momento o Ifecgás Pereira mandou no marcador, aínda que as diferenzas no electrónico non paracían facer xustiza, xa que a diferenza si se apreciaba no campo entre un e outro equipo. De calquera xeito, os locais sempre dispuxeron dunha vantaxe cómoda que non facía perigar os seus intereses. Ao descanso chegouse con un 14-10 a prol dos de Carballo..

O equipo bergantiñán aproveitou a segunda metade para distanciarse máis no marcador e amosou un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo dispuxeron de minutos e rendiron a gran nivel, demostrando que o traballo en equipo da os seus froitos.

O próximo encontro, que pecha esta 1ª fase da Copa, terá lugar o vindeiro sábado, ás 11.15 h, fronte ao Balonmán Lalín na nova cancha lalinense do Lalín Arena. Os de Fernando Vázquez deberán gañar e agardar outros resultados para ter opcións de pasar ás semifinais.