IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34 – ACADEMIA OCTAVIO 27

Ifecgás Pereira Xiria: 34 (15+19): Zúpez, Bouzas (5), Martín (2), Javi (2), Miguel (4), David (13), Rubén Gómez -equipo inicial- Edu(2), Mario (2), Calvete, Anes, Iván, Alex (4), José.

Academia Octavio: 27 (11+16): Chantada, Xacob (8), José L. (4), Ismael (5), Gonzalo(3), Pablo (2), Rodrigo (2) -equipo inicial- Petar, Alex, Víctor (2), Correa (1), López, Alberto,Pedro.

Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.

Partido correspondente a segunda xornada da División de Honra en categoría xuvenil e aprazado no seu día pola convocatoria por parte da selección nacional do xogador carballés David García. Era un encontro importantísimo para o Ifecgás Pereira Xiria na loita por acadar os postos máis altos da táboa clasificatoria a final da tempada, xa que o Academia Octavio é outro dos candidatos a loitar polo título final.

O equipo bergantiñán entrou mellor no envite, sabedor da súa condición de local e da importancia de non deixar escapar os dous puntos. A retagarda mostrábase contundente, concentrada e con moita intensidade, feito que propiciaba que os da casa puideran desplegar toda a súa rapidez no contraataque. Tampouco estaban a amosar excesivos problemas os de Carballo no ataque posicional, xa que o xogo sen balón e as amplas traxectorias dos nosos desconcertaban aos de Vigo que se vían superados por todos os lados. No descanso o marcador xa reflectía un 15-11 a prol do Ifecgás.

A segunda parte tivo o mesmo cariz que a primeira metade e a diferenza no marcador fixo posible que o Ifecgás Pereira obrara con superioridade e madurez para non permitir en ningún momento que os visitantes tiveran nin a máis mínima posibilidade de achegarse no electrónico.

O marcador acadado 34-27 deixa na casa un resultado moi cómodo para os bergantiñáns e un “gol average” certamente interesante de cara a afrontar o moito que queda de campionato.