Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGAS PEREIRA XIRIA 34 – BM FERROLTERRA 15

Ifecgás Pereira Xiria (15+19) 34: Guillín, Angel (5), Ramón (5), Sergio (1), Barreiro, Ruben (1), Fernando (4), Raúl (4), Hugo (6), Eloy (2), Alfredo, Zas (3), Adrian, Diego (3). Adestrador:…

Ifecgás Pereira Xiria (15+19) 34: Guillín, Angel (5), Ramón (5), Sergio (1), Barreiro, Ruben (1), Fernando (4), Raúl (4), Hugo (6), Eloy (2), Alfredo, Zas (3), Adrian, Diego (3). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Balonmán Ferrolterra (6+9) 15: Víctor, Miguel (3), Gayoso (4), Eneko (4), Xan (1), José Vázquez, Marcos, Roberto, Vicente, Carlos (3), Martín, Juan. Adestradora: Mª del Carmen Varela.
Colexiados: Vicente Pérez e Julio López. Sen complicacións.

A décimo novena xornada do Campionato da Segunda División Autonómica deparou un partido no Pavillón da Zona Escolar de Carballo entre o terceiro da clasificación, Ifecgas Pereira Xiria, e o pechacancelas, Balomnán Ferrolterra. Un encontro onde o mais importante era manter a concentración e non relaxarse para non levar ningunha sorpresa inesperada. Circunstancias que aconteceron nos primeiros 15 minutos onde o marcador reflectía un 6-6 despois de ir gañando o Ferrolterra de un. Pero a partir de aí e coa introducción de xente de refresco e con gañas de xogar o Ifecgás mostrou a súa mellor faciana e a súa calidade e comezou a encamiñar un partido que xa debera estar encamiñado antes.

A segunda metade non tivo máis historia que o baixon físico do Ferrolterra, o incremento da vantaxe e o reparto de minutos entre os xogadores convocados do Xiria.

Agora agardan dúas semanas de descanso, unha porque lle toca descanso ao equipo carballés e outra polo parón da semana santa. Esta circunstancia vaille servir ao Ifecgás Pereira para preparar os dous últimos e importantisimos encontros fronte ao Bm Narón, en cancha naronesa, e fronte ao Oar, na casa. Partidos que terán en xogo a loita polos tres postos que dan lugar a loitar polo ascenso de categoría.