VIPECÓN XIRIA 35 – BALONMÁN PABELLÓN OURENSE 11
Vipecón Xiria: 35 (17+18): Zúpez, Anes (2), Martín (4), Javi (9), Jorge (5), Álex (1), Rubén Gómez (5) -equipo inicial- Calvete (1), Luís (2), Óscar, Edu (4), Jose, Alberto (1),…
Vipecón Xiria: 35 (17+18): Zúpez, Anes (2), Martín (4), Javi (9), Jorge (5), Álex (1), Rubén Gómez (5) -equipo inicial- Calvete (1), Luís (2), Óscar, Edu (4), Jose, Alberto (1), Cristian (1).
Balonmán Pabellón Ourense: 11 (8+3): Ricardo, Guillermo, Fer (3), Andrés (3), Juan (2), Cristian (1), Mateo (1) -equipo inicial- Brais, Rubén, Jaime, Luís, Aarón, Roberto (1), R. González.
Colexiado: Farruco Soliño e Julio Villanueva.
O Vipecón Xiria conseguíu outro resultado contundente na 2ª xornada de liga regular na División de Honra cadete ao imporse ao Balonmán Pabellón por 24 goles de renda, presentando, de novo, as suas credenciais para loitar polos postos máis altos da táboa clasificatoria ao remate do campionato. Este resultado permite aos carballeses seguir comandando a clasificación grazas á súa mellor golaveraxe.
A primeira metade foi claramente de dominio local dende o inicio. As distancias foron curtas durante os primeiros quince minutos nos que os visitantes maniveron o tipo. Pero, a partir de aí, a defensa do Vipecón impúxose e de que maneira ao ataque dos foraneos. Os bergantiñáns mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre o parqué do Mpal. Vila de Noia un balonmán rápido, dinámico e atractivo cara o espectador. Non daban opción os do Xiria aos seus contincantes e o 17-8, resultado co que remataba o primeiro asalto, deixaba o partido visto para sentenza.
A segunda parte non tivo historia, xa que o Vipecón saíu coma un ciclón a sentenciar o partido e a facelo pola máis ampla diferenza posible. Tan só cunha magnífica intensidade defensiva e rápidos contagolpes, os de Carballo poñían as cousas no seu sitio con un parcial de escandalo, 18-3, que deixa un marcador ao remate do encontro de 35-11.
Na vindeira xornada o Vipecón Viaxa ata Tui para enfrontarse, sábado ás 16.30 h no Novo Pavillón de Tui, ao Clube Balonmán Tui.