Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGAS PEREIRA XIRIA 35 – BM PONTEDEUME.ES 35

Ifegas Pereira Xiria (17+18) 35: Guillín, Angel (4), Barreiro, Ruben, Fernando (4), Manuel (8), Raúl (3), Hugo (1), Eloy, Alfredo (2), Javi Zas (5), Aitor (7), Diego (1). Adestrador: Juan…

Ifegas Pereira Xiria (17+18) 35: Guillín, Angel (4), Barreiro, Ruben, Fernando (4), Manuel (8), Raúl (3), Hugo (1), Eloy, Alfredo (2), Javi Zas (5), Aitor (7), Diego (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Balonmán Pontedeume.es (19+16) 35: Héctor, Pablo (3), Manuel Riveira (2), Bruno(3), Manuel Amado, Enrique (8), Javier, Alejandro, Santiago, José (8), César, Alberto (8), Roberto (3). Adestrador: Santiago Salgado.
Colexiado: Pablo Goitia. Regular.

Xogo a rachas foi o que amosou o Ifecgás Pereira Xiria ante o líder da 2ª División Autonómica.

Partido, onde, tal e como reflicte o marcador, tiveron máis eficacia os ataques que as defensas, e que estivo marcado por un xogo a rachas do equipo carballés que case sempre estivo a remolque do equipo visitante no marcador. O encontro comezou cunha fulgurante saída dos eumeses que pronto se marcharon de 4 goles ante un inoperante Xiria. Aquí empezou a primeira remontada do Ifecgás Pereira que conseguiu culminala e poñerse por diante no marcador, pero outra racha negativa levou outra vez aos de Pontedeume a marcharse no marcador de 4 goles. Grazas a un arreón final dos de Carballo chegábase ao intermedio con 2 goles de renda a prol dos visitantes.

A segunda metade, transcorreu polos mesmos derroteiro que a primeira. Un Xiria que foi sempre a remolque e que tivo que remontar dous goles nos derradeiros tres minutos para enxugar a vantaxe eumesa e acadar a igualada final. Punto que puido fuxir do Pavillón da Zona Escolar pero o Pontedeume non soubo aproveitar a última bola de partido debido a unha boa defensa dos de Carballo.

Ao final, conseguiuse un valioso punto ante un dos mellores equipos da categoría. Pero a pista carballesa continua a ser un fortín onde tan só conseguiu gañar o Bm Lugo.

A vindeira semana os de Juan M. Rodríguez visitan a cancha do Grupo Deportivo Riveira coa meta de acadar os dous puntos en xogo e manterse nos postos de privilexio.