TIRSO DE MOLINA 23 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 34
Tirso de Molina (11+12) 23: Jaime (3), Carlos (10), Enrique, José, Pablo (2), Fernando, Adrian de Arriba (2), David (3), Adrian Rodríguez, Diego, Alejandro Díaz (3). Adestrador: José M. García.…
Tirso de Molina (11+12) 23: Jaime (3), Carlos (10), Enrique, José, Pablo (2), Fernando, Adrian de Arriba (2), David (3), Adrian Rodríguez, Diego, Alejandro Díaz (3). Adestrador: José M. García.
Ifecgas Pereira Xiria (17+17) 34: Bisbi, Damián (4), David (6), Heitor (7), Ivan, Joaquin (4), Jorge (2), Luis (2), Miguel (8), Ricardo (1), Chou. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Francisco Soliño. Sen complicacións.
A habitual fortaleza do Ifecgás Pereira Xiria non foi tal nesta ocasión e un Tirso de Molina con moita mobilidade en ataque, a través de continuos desdobles e cambios de postos que volveron tolos os pupilos de Juan M. Rodríguez, puxo en apretos a solidez do líder.
Partido que se puxo costa arriba para o Ifecgás Pereira que non soubo deter a mobilidade en ataque do Tirso. Menos mal que os porteiros tamén contan e grazas a actuación dos gardametas carballeses o Tirso só chegou a conseguir unha vantaxe de dous goles. Pero todo o perigo que o equipo local creaba en ataque logo o transformaba en facilidades defensivas que o Xiria aproveitaba. E isto foi o que mantivo vivo aos de Carballo nos primeiros minutos. Despois, pouco a pouco, foise asentando o equipo en defensa e volveu practicar o seu xogo rápido e dinamico no ataque o que levou aos carballeses á remontada, a pesar de cometer moitos erros en defensa e en ataque.
Na segunda metade o Ifecgas estivo mellor asentado en defensa, a pesar de seguir cometendo erros, sobre todo ao principio. Pero un inocente Tirso non aproveitou estas facilidades e o Xiria seguiu aumentando as súas vantaxes.
Haberá que seguir traballando mentres se agarda a un guerrilleiro Bm Narón a vindeira fin de semana en Carballo.