Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 25 – BM NARÓN 22

Procasa Xiria: Martín, Edu (5), Álex (9), Rubén Gomez (4), Luís (2), Javi (2), Ruben Anes (1) -equipo inicial- Calvete (1), Martín Alfeirán, Nogales (1), Miguel, Jorge. Bm Narón: Alex,…

Procasa Xiria: Martín, Edu (5), Álex (9), Rubén Gomez (4), Luís (2), Javi (2), Ruben Anes (1) -equipo inicial- Calvete (1), Martín Alfeirán, Nogales (1), Miguel, Jorge.
Bm Narón: Alex, Bruno, Alex N. (2), Adrian (7), Alberto (12), Julio, Sergio (1) -equipo inicial- José, Juan, Ramón, Ivan, Borja.

Colexiados: Os colexiados David Taboada e Sergio Lama tiveron moitos erros, pero propios da sua inexperiencia que de seguro irá a mellor a medida que arbitren máis partidos e conten co entendemento dos respectivos entrenadores. De calquera xeiro non influiron no resultado final.

O pasado sábado disputouse a segunda xornada da segunda volta na liga regular infantil masculina e o equipo de primeiro ano, o Procasa Xiria conserguía unha victoria o gañar ao equipo do Bm Narón.

Foi o equipo carballes o único que intentaba xogar a balonmán, con ataques aos espacios e rápidas continuidades do balón para desarbolar a defensa visitante, de maior envergadura, se ben cando aqueles se empeñaban en ir ao un contra un sen mover o balón o éxito correspondia xeralmente aos de Narón, que sairon ao pavillón da Grela cunha defensa moi cerrada, só con disuasións nas zonas dos segundos.

En defensa os locais comezaron un tanto despistados porque o Narón xogou todo o partido cun 2:4, situación novedosa para os xogadores do Procasa. De calquera maneira foi cuestión de tempo que a maior calidade dos carballeses se impuxera, xa que os ferrolans sen ningunha intención por xogar o balonmán só aproveitaban a dous xogadores, para que, de forma insistente, tentaran o un contra un sempre de xeito totalmente anárquico e sen un xogo previo de conxunto.

O partido foi moi igualado ao longo dos cincuenta minutos, aínda con vantaxes curtas case sempre do equipo bergantiñá. Os xogadores carballeses eran moi superiores na técnica individual, pero sobre todo no xogo en conxunto e na táctica colectiva.

O 11-13 do descanso foi un mero espellismo, e en canto os do Procasa se deron conta que era suficiente con defender só a dous xogadores do equipo contrario, estableceronse as diferenzas, un 9-14 de parcial no segundo tempo que deixaba un marcador final de 25-22, que aínda asi antóllase pouca diferenza para a que realmente existe entre un e outro equipo.