IFECGÁS PEREIRA XIRIA 36 – BM BUDA LALÍN 25
Ifecgás Pereira Xiria 36 (16+20): Naya, Ivan (3), Zas (5), David (7), Iago (1), Óscar (2), Dani (6) -equipo inicial- Boti (4), Andrés, Néstor, Diego (1), Antón (4), Brais (1),…
Ifecgás Pereira Xiria 36 (16+20): Naya, Ivan (3), Zas (5), David (7), Iago (1), Óscar (2), Dani (6) -equipo inicial- Boti (4), Andrés, Néstor, Diego (1), Antón (4), Brais (1), Pombo (2).
Bm Buda Lalín 25 (7+18): Manuel, Uxío (8), Iago (3), Alberto (2), José (4), Rodrigo (3), Brais (2) -equipo inicial- Martín (2),Iván (1), Luís, David, Antonio.
Colexiados: Cesar Carballo e Pablo Goitia. Non influiron no resultado final nun encontro sinxelo.
O Ifecgás Pereira Xiria impúxose por 36-25 ao Bm Buda lalín na 5ª xornada de liga na División de Honra Xuvenil, partido no que, por fin, puideon debutar na categoría os catro xogadores cadetes nominados para xogar en xuvenís. Deste xeito produciuse o debut na categoría de Antón, Brais, David e Iago o que facilitou as rotacións na curta plantilla carballesa.
Foron os locais os que levaron a dianteira no marcador dende o principio do encontro amosando unha mellor intensidade no xogo que en encontros anteriores. O Ifecgás Pereira Xiria amosouse moi superior ao seu rival en todas as facetas do xogo e froito disto chegábase ao intermedio cunha ampla vantaxe a prol dos de Carballo, 16-7.
No reinicio os locais diminuiron a súa intensidade, sobre todo en tarefas defensivas, o que propiciou un toma e daca e un marcador parcial na reanudación de 20-18, mostra suficiente da inexistencia das defensas nas dúas áreas. O 36-25 final da un pouco de respiro sos carballeses que non podían permitirse outro erro como os que tiveron fronte a Pabellón e Lavadores.
A vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria visitará a pista viguesa do Octavio, un dos equipos chamado a estar nos postos máis altos da clasificación.