IFECGAS PEREIRA XIRIA 37 – BM OLEIROS 9

Ifecgas Pereira Xiria (18+19) 37: Chou, Damián (2), Ricardo (1), David (13), Heitor (6), Ivan, Joaquín (1), Miguel (2), Bisbi, Luis (8), Jorge (4). Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Bm Oleiros (4+5) 9: Álvaro N, Pablo (4), Manuel B, Miguel, Álvaro D (1), Manuel G (1), Carlos (2), Daniel Alvaro A (1). Adestrador: Javier Muñiz.

Colexiado: Alberto Picallo. Non Influíu no resultado.

Encontro fácil para o Ifecgás Pereira Xiria. Segunda xornada de copa e primeiro partido para o Ifecgas Pereira Xiria, xa que o encontro que o enfróntaba ao Oar na primeira xornada fora aprazado, que non tivo dificultades para impoñerse ao Balonmán Oleiros.

Un Balonmán Oleiros que non puxo en moitos problemas defensivos ao Ifecgás Pereira como amosan os nove goles anotados. Un Ifecgás Pereira que tivo momentos brilantes en ataque cun xogo moi fluido e buscando continuamente porteria e tivo outros momentos non tan brilantes nos que os dous laterais, David e Luís, sacaban as castañas do lume en poderosos uns contra uns.

Pero, se en algo brilou durante todo o partido o cadro carballés foi na rapidez da transición ao ataque. Transición en segunda oleada na que en tres pases xa se estaba pisando os 9 m da área rival para buscar o gol, ainda que, como se mencionou no parágrafo anterior, houbo fases nos que a intención faltou nalgún xogador.

O próximo rival de copa será no derbi fronte ao Camariñas. Derbi que non se xogará a vindeira semana porque se xoga o campionato galego infantil.