Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 39 – BM NARON 18

Ifecgás Pereira Xiria (18+21) 39: Chou, Damián (8), Ricardo (4), Jorge (5), Heitor (3), Miguel (8), Joaquín (2), Iván, Bisbi, Luis (4), David (5). Adestrador: Juan M. Rodríguez. Bm Naron…

Ifecgás Pereira Xiria (18+21) 39: Chou, Damián (8), Ricardo (4), Jorge (5), Heitor (3), Miguel (8), Joaquín (2), Iván, Bisbi, Luis (4), David (5). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Bm Naron (11+7) 18: Alejandro Dopico, Bruno, Alejandro Nores (1), Adrián (5), Alberto (10), Julio, Jose, Sergio (2), Juan, Ramón, Ivan, Borja. Adestrador: Rafael Taracido.
Colexiados: Inma Riera e Sergio Lara. Con erros propios da súa inexperiencia.

Invitos pero sen ser arrolladores. O equipo de Juan M. Rodríguez segue contando as súas actuacións por vitorias no campionato provincial infantil masculino pero os seus números son peores que na primeira volta. Xa non marcan tantos goles e encaixan moitos. Circunstancia produto da relaxación ao verse tan superiores aos seus rivais. Pero esta falta de humildade e de traballo pode ser prexudicial en futuros encontros e sobre todo na fase final galega. Ainda que, no partido fronte ao Narón, xa se produciu algún troco.

A defensa dos de Carballo estivo espectacular durante 15 minutos da segunda metade na que só encaixaron un gol e con ela mataron partido, ademais a transición ao ataque estivo ao nivel ao que nos tiña acostumados e que facía tempo que non se vía. Rápidas contras en 1ª oleada con un e dous homes levados case a perfección (poucos botes, poucos pases) e tamén rápidas contras en 2ª oleada, onde con tres pases xa se estaba buscando os espazos na defensa rival polos que coarse e meter gol.

Un pequeno atisvo de mellora con respecto aos últimos partidos que esperemos que se manteña a vindeira fin de semana en Oleiros.