Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 39 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 30

Ifecgás Pereira Xiria: 39 (20+19): Zúpez, Anes (5), Martín (9), Javi (5), Miguel (4), Álex (2), Rubén Gómez(2) -equipo inicial- Edu(3), Mario, Calvete(3), Bouzas(4), Iván, David (2), José. Las Cinco…

Ifecgás Pereira Xiria: 39 (20+19): Zúpez, Anes (5), Martín (9), Javi (5), Miguel (4), Álex (2), Rubén Gómez(2) -equipo inicial- Edu(3), Mario, Calvete(3), Bouzas(4), Iván, David (2), José.

Las Cinco Jotas Lavadores: 30 (14+16): Gonzalo, Óscar (14), Dani (6), Nico (6), Sergio(2), Borja (1), Adrián (1) -equipo inicial- Fernández, Raúl, Francisco, Iván, Estévez, Mario.

Colexiadas: Ana Correa e Soraya Abelenda.

Partido correspondente a cuarta xornada da División de Honra en categoría xuvenil e aprazado no seu día pola convocatoria por parte da selección nacional dun xogador do Lavadores. Era un encontro importantísimo para o Ifecgás Pereira Xiria na loita por acadar os postos máis altos da táboa clasificatoria a finais da tempada, xa que o Lavadores non tiña ningunha derrota no seu casilleiro na presente tempada e é outro dos candidatos a loitar polo campionato final.

O equipo bergantiñán entrou mellor no envite, sabedor da súa condición de local e da importancia de non deixar escapar os dous puntos. A retagarda mostrábase contundente, concentrada e con moita intensidade, feito que propiciaba que os carballeses puideran despregar toda a súa rapidez no contraataque. A primeira oleada carballesa funcionaba coma un reloxo e nos primeiros dez minutos, as diferenzas xa eran moi cómodas para os de Xiria. Tampouco estaban a amosar excesivos problemas no ataque posicional, xa que o xogo sen balón e as amplas traxectorias dos nosos, desconcertaban aos de Vigo que se vían superados por todos os lados. No descanso o marcador xa reflectía un 20-14 a prol dos de Carballo.

A segunda parte moveuse co mesmo rumbo que a primeira e a diferenza de tanteo fixo posible que o Ifecgás Pereira obrara con superioridade e madurez para non permitir en ningún momento que os visitantes tiveran nin a máis mínima posibilidade de achegarse no electrónico. No remate, o 39-30 deixa un resultado moi cómodo para os de Carballo e unha golaveraxe certamente interesante de cara a afrontar o moito que queda de campionato.

A próxima fin de semana, o de Ifecgás Pereira volve a xogar no pavillón carballés Vila de Noia. Será fronte ao Balonmán Rasoeiro, o domingo 11 ás 12:15 h.