Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 43 – BALONMÁN ÁRTABRO 16

Ifecgás Pereira Xiria 43 (18+25): Naya, Iván (3), Zas (12), Diego (5), Pombo (8), Óscar (2), Dani (6) -equipo inicial- Boti (1), Andrés, Néstor (6). Bm Ártabro 16 (10+6): José,…

Ifecgás Pereira Xiria 43 (18+25): Naya, Iván (3), Zas (12), Diego (5), Pombo (8), Óscar (2), Dani (6) -equipo inicial- Boti (1), Andrés, Néstor (6).

Bm Ártabro 16 (10+6): José, Hector (6), Luís (3) Jean Baptiste (3), David (4), Javier, Bruno -equipo inicial- Alvaro, Vallejo, Suárez.

Colexiado: José Ignacio Pereira Navaza. Non influíu no resultado final nun encontro sinxelo.

Comezou a competición na categoría xuvenil e o Ifecgás Pereira Xiria recibía, na 1ª xornada da División de Honra Xuvenil, ao Bm Ártabro, club nacido da fusión de Bm Oleiros, Bm Coruña e Bm Hercules. O equipo carbalés tivo un partido sinxelo e derrotou aos coruñeses cun contundente 43 – 16. Os rapaces de Fernando Vázquez remataron o encontro de xeito incontestable e contundente, logo de comezar despistados e fríos, fronte un equipo que se amosou moi inferior e ao que lle faltaba algúns dos seus referentes da anterior campaña que ficharon polo OAR este ano. Así, foron os locais os que levaron a dianteira no marcador a partir do meridiano da primeira metade, sendo superiores en todas as fases do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa sinalaba o electrónico ao remate da primeira parte, 18-10.

A segunda metade non tivo máis historia que a primeira, co único aliciente de saber de canto ía ser a renda a prol dos locais. Os de Carballo seguiron crecendo na súa intensidade e os coruñeses dábanse xa por vencidos e baixaban os brazos, o que propiciaba unha maior distancia no electrónico. Ao remate, un incontestable 43-16 deixaba ben claro as diferenzas no partido entre un e outro equipo.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgás Pereira será en Ourense, onde se enfrontará ao Balonmán Pabellón.