O Calvo Xiria empatou 21-21 co Grupo Pinta en Torrelavega

Inicio de campaña que sabe a pouco visto os méritos feitos polos locais nun encontro igualado pero sempre dominado polos de Juan Fernández que deixaron un punto en Cantabria nos últimos instantes. Aínda que a defensa se vai asentando pouco a pouco, o ataque non andou fino errándose numerosos lanzamentos de seis metros. Por unha vez, esperando que non sexa a derradeira, remarca-la extraordinaria actuación dos colexiados que foron felicitados por uns e outros.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 2 ), Fernando ( 3 ), Martín ( 1 ), Alfonso ( ), Mario ( 7 ) e Miguel ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( 2 ), Alberto ( 2 ), Ayllón ( ), Nando ( ) e Sergio ( 2 ).

– Polo Grupo Pinta Torrelavega: Jorge, Alberto ( ), Luis ( 3 ), Ángel ( ), Santi ( 2 ), Javi ( 3 ) e García ( 5 ) – equipo inicial – Rivero, Pepu ( 2 ), Herrera ( ), Merino ( 2 ), Carlos ( 3 ) e Félix ( ).

Marcador cada 5 minutos

2-1 / 3-3 / 5-6 / 7-8 / 7-9 / 10-10 / 12-14 / 14-15 / 16-17 / 18-18 / 19-19 / 21-21