PROCASA XIRIA 31 – BM. OLEIROS 10

Procasa Xiria: Alex, David (9), Brais (5), Anton (4), Iago (5), Martin, Miguel (4) – equipoinicial – Heitor (1), Ivan, Jorge (2), Joaquìn.

Bm. Oleiros: Gaspar, Aitor (1), Miguel (4), Joaquin (1), Alvaro (1), Guillermo (1), Adan (1) – equipoinicial – Ernesto (1), Manuel, Joan

Colexiados: O colexiado Rafael Iglesias non influiu no resultado final.

O Procasa Xiria acadou unha nova victoria, e fixoo ante o Bm. Oleiros, un equipo que se amosou moi inferior aos rapaces que dirixe Fernando Vazquez e que en ningun momento foi rival para os de Carballo no que poderiamos catalogar como outro partido sen historia.

Dende o primeiro minuto púxose por diante o equipo carballés e non tardou en poñer terra de por medio ata o 13-2 que xa sinalaba o electronico no descanso. Este contundente resultado nos primeiros vintecinco minutos facía ver ben ás claras a diferenza entre un e outro equipo.

A segunda parte transcorreu polos mesmos derroteiros a pesar da defensa máis aberta e presionante plantexada polo Bm. Oleiros. O Procasa batía unha e outra vez a meta rival grazas ao xogo no pase e va e aos continuos desmarques sen balón. Así chegábase ao remate do partido, cunha intesidade e concentración aceptable pola parte dos de Carballo que lles daba os dous puntos en xogo e un marcador contundente de 31-10

Algunha mellora notouse nos xogadores carballeses en diferentes momentos do partido aínda que hai que ter en conta a pouca resistencia do equipo rival.