PUNTA DEL ESTE XIRIA 9 – BM NARÓN 29
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (2), Belén, Aida (6), Carolina, Patricia, Olalla (1) -equipo inicial- Rosanna, María, Alba, Lorena. Bm Narón: Raquel, Silvia (2), Sofía (4), Iris (3), Alicia…
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (2), Belén, Aida (6), Carolina, Patricia, Olalla (1) -equipo inicial- Rosanna, María, Alba, Lorena.
Bm Narón: Raquel, Silvia (2), Sofía (4), Iris (3), Alicia (13), Belén (5), Silvia de Paz(1) -equipo inicial- María (1), Fátima, Berta.
Colexiados: O colexiados Pablo León e David Taboada estiveron ben.
O Bm.Narón derrotou o do Punta de Este Xiria no segundo partido da liga regular cadete feminina, partido aprazado da primeira xornada. En principio é lóxico recoñecer a superioridade das de Narón, pero antóllase unha diferenza excesiva dada a calidade de un e doutro conxunto. Asi como a diferenza entre as infantis de un e outro equipo é moi notoria nestes momentos, entre as cadetes si pode existir pero non tanta como a demostrada neste partido, de feito o marcador nos primeiros trinta minutos reflectía un 5-10.
O que pasou na segunda metade foi que, en canto as visitantes aumentaron en dous goles máis a diferenza aproveitando sendos balóns perdidos, as carballesas deixaron de loitar e baixaron os brazos. Isto propiciou que en defensa non houbera contactos e que en ataque se sucederan as perdas de balón que remataban en rápidos contagolpes e polo tanto en goles sinxelos para as naronesas que pouco a pouco aumentaban a diferenza ata o 9-29 do remate.
De calquera xeito foi unha lección para as rapazas do Punta del Este se estas consiguen ver que a intensidade e a loita deben permanecer ata o final do encontro independentemente de cal sexa o resultado, e o máis importante que non se debe mirar aos demáis equipos xa que o primordial é plasmar no terreo de xogo o traballo feito ata o momento cunha boa concentración e competitividade, e así si que estaremos a conseguir a nosa finalidade.