IFECGÁS PEREIRA XIRIA – HIDROMIÑO ATL. NOVÁS

Ifecgás Pereira Xiria: Zúpez, Bouzas, Martín, Javi, Miguel, Álex, Rubén Gómez, José, Mario, Calvete, Anes, Dani, Edu.

Hidromiño ATL.Novás

Colexiadas: Alba Currás e Tania Rodríguez

O Atl. Novás, non se presentou o encontro que o tiña que enfrontar co Ifecgás Pereira Xiria no pavillón Vila de Noia de Carballo alegando unha avaría do autobús no que viaxaban cara a localidade bergantiñán. As colexiadas levantaron acta do feito e agora haberá que esperar ao que dictamine o Comité de Competición da Federación Galega de Balonmán.

A vindeira fin de semana os carballeses viaxarán a Lalín para enfrontarse no Lalín Arena a un duro rival como é o Balonmán Lalín. O encontro disputarase o sábado ás 20:00h.