Irregular partido do Garaysa Xiria que se salda con derrota.

Na mañá do mércores, viaxaba ata Vigo o Garaysa Xiria; para enfrontarse ao A.D. Carballal. Os dous equipos manteñen unha loita por manter os postos de privilexio; polo que se esperaba un partido igualado; que se decidise por pequenos detalles.
E ao cabo; o A.D. Carballal fíxose cos dous puntos, nun partido vibrante que puido caer de calquera lado.
Nos primeiros minutos de xogo; o Garaysa empezaba mellor; adoitado en defensa colleu unha pequena vantaxe que chegaría ata os 4 goles. Pero co paso dos minutos; os locais, fóronse metendo no partido; grazas en parte, ás perdas de balón e os fallos de lanzamento no ataque dos carballases;  que se lles facía moi larga a primeira parte. Con todo iso; o bo traballo defensivo dos primeiros 25 minutos e o labor de Darío na portería, o Garaysa marchábase ao descanso gañando dun gol. 13 a 14.
Na continuación; o Carballal, xogando con dous pivotes; facía estragos na defensa  carballesa. Exceso de axudas e anticipación para pechar os espazos no centro; provocaban contínuos lanzamentos desde 6 metros. Situábanse os locais 3 arriba no marcador; e dominando o encontro nese momento.
Facía cambios o Garaysa para tratar de voltear o resultado, algo que lograría nos seguintes minutos; chegando igualados a falta 5 minutos. Nese momento; cada defensa e cada gol, eran vitais e celebrábanse con rabia por parte dos dous equipos; que sabían o que se estaban xogando. Con empate a 25; Julián roubaría un balón crucial; anticipándose ao pasador; pero a rapidez que tivo en defensa; malograríaa na lentitude no contraataque; chegando a perder o balón no último momento. O Carballal, despediciaría o seguinte balón; e de novo outro contraataque que erraba o Garaysa; esta vez Andrés deixaría botar o balón para a chegada do balance defensivo local; que non fallaría no seguinte ataque. Quedaba menos dun minuto; e a precipitación apoderouse do Garaysa que nunha mala selección de lanzamento deixaba o partido en bandexa aos locais. Pero nin moito menos, baixarían os brazos,  e con loita e entrega, recuperarían o último balón; que rapidamente perderían nun bo blocaxe defensivo que propiciou outro gol vigués.
Ao final 28 a 25; un resultado que deixa mal sabor de boca ao Garaysa Xiria; pero do que tratarán de aprender. E co esforzo e traballo semanais, crecer como equipo.
Este domingo día 5, ás 10:00 no pavillón Vila de Noia de Carballo, o Garaysa Xiria recibe a visita do S.D. Teucro; na xornada 9 da división de honra infantil.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Silvia Vázquez Román do colexio galego.

A.D. CARBALLAL 28 ( 13 + 15 ): Pedro Pérez (1), Pablo Vilaboa (1), Adrián Leal (2), Andrés González (5), Jose Costas (3), Izan Iglesias (6), Raúl Garrido, Iván Martínez, A. Gallego (9), Daniel Losada, Emilio Alonso (1)

GARAYSA XIRIA 25 ( 14 + 11 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal (9), Julián García (7), Martín Fuentes (4), Miguel Goimil (1), Alberto Rodríguez, Juan Martín (3), Alberto Suárez (1).