Laber Xiria Campión Liga Benxamín

Laber Xiria Campión Liga Benxamín

Disputouse a derradeira xornada da liga zonal de minibalonmán benxamín, ca participación dos tres equipos de Escolas Balonmán Xiria, queda agora o 23 de Maio a disputa do Campionato Provincial no que representarán a Carballo o Laber Xiria -Campión de Liga- e o Oak English Centre Xiria –cuarto clasificado-.

O Laber Xiria acadou catro puntos que lle permiten ser Campión de Liga, premio á regularidade competitiva que amosou ao longo das catorce xornadas. Non foi este derradeiro partido o mellor do ano, xa que os rapaces carballeses estiveron un tanto despistados e sen a intensidade á que nos teñen acostumados, pero de seguro que a recuperarán para a fase final.

Laber Xiria – Alca B: 4 – 4 (1-9 / 7-5 / 3-13 / 5-4)
Laber Xiria: Mateo Pallas (5), Lucas Amado, Manuel Pérez (2), Hugo García (6), Marco Rodríguez (2), Álvaro Vila, Aday Gómez, Manuel García (1).

Tamén se clasificou para a fase final o Oak English Centre Xiria, que logo de liderar a liga durante moitas xornadas caeu até o cuarto posto. Unha vez recuperados todos os seus xogadores de lesións e algún que outro contratempo puntual, agardamos que todos estean nas mellores condicións para a disputa da mesma.

Oak English Centre – Xiria A: 6 – 2 (6-1 / 6-3 / 13-1 / 6-7).
Oak English Centre Xiria: Pablo Veiga (6), Marcos Amarelle (4), Sergio Varela, Alex Tato (6), Nicolás García (1), Samuel Veiga (6), Álvaro García (1), Alberto Rodríguez (6), Pablo Varela (1).

O Grupo Lemaco Xiria afrontaba dous partidos esta fin de semana, no primeiro non amosou unha moi boa imaxe tardando moito en entrar no partido, feito que aproveitou o seu rival para facerse co partido. Moi distinta foi a imaxe no segundo encontro, no que acadou un merecido empate cun Bm Camariñas subcampión de liga, e no que desmostrou a melloría que experimentaron os seus xogadores nos dous últimos meses de competición. Non puido clasificarse para a fase final, pero deixou ver que está ao nivel dos mellores, unha mágoa un comezo de liga un tanto dubitativo, que lle pasou factura na clasificación final.

Bm Xallas – Grupo Lemaco Xiria: 6 – 2 (2-4 / 4-5 / 5-6 / 8-1)
Grupo Lemaco Xiria: Manuel Muñoz, Erik Vázquez (5), Alejandro Vázquez (3), Ángel Viña (5), Daniel Cambón (1), Miguel Cambón (5), Manuel Puente, Xurxo Gómez.
Grupo Lemaco Xiria – Bm Camariñas: 4 – 4 (0-8 / 6-3 / 2-6 / 7-2)
Grupo Lemaco Xiria: Manuel Muñoz, Erik Vázquez (5), Alejandro Vázquez (1), Ángel Viña (7), Daniel Cambón, Miguel Cambón (1), Manuel Puente, Xurxo Gómez (1).