LAS CINCO JOTAS LAVADORES 26 – VIPECÓN XIRIA 37

Las Cinco Jotas Lavadores: 26 (14+12): Mario, Óscar (8), Borja (12), Víctor (3), Luís (3), Iván, Sergio -equipo inicial- Lucas, Carlos, Brais, Pérez Álvarez.

Vipecón Xiria: 37 (19+18): Zúpez, Calvete (2), Martín (8), Javi (4), Jorge (8), Álex (2), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Miguel, Óscar (1), Edu (4), Julián (4), José, Marc, Rubén Anes.

Colexiado: Ana Correa e Águeda Bravo.

Excelente partido o que disputaron Lavadores e Xiria, dous dos equipos chamados a pelexar por estar nos postos altos da clasificación, na oitava xornada de liga na División de Honra cadete.

Os xogadores carballeses saíron, dende o inicio, coa intención de levarse os dous puntos en xogo e puxeron unha intensidade certamente alta no envite. O xogo rápido e móbil no ataque posicional destrozaba á defensa rival, así como os rápidos contragolpes, propiciados por unha actitude defensiva chea de contundencia e solidariedade entre todos os compoñentes do plantel. Os locais amosaban maneiras de ser un bo equipo, pero non podían coa inspiración dos rapaces do Xiria. Un cómodo 14-19 no descanso deixaba o camiño despexado para que os carballeses puxeran o broche final na reanudación.

Nada foi distinto na segunda metade, o equipo visitante pisaba todavía máis o acelerador, apoiandose, sobre todo, en tarefas defensivas e na excelente labor do seu porteiro, para rematar coas poucas esperanzas dos vigueses a base de contraataques. Outro parcial parecido ao do primeiro tempo, 12-18, facía posible ese marcador final de 26-37 que deixa os de Xiria comandando a taboa clasificatória empatado a puntos con outros tres equipos.

O vindeiro sábado o Vipecón Xiria recibe, ás 10.30 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia, ao Raseiro Bm.