Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

S.D. TEUCRO 33 – GARAYSA XIRIA 26

D. Teucro: 33 (16+17): Miguel, José Arosa (9), Aser (3), Marcos (1), Rafael (1), Jorge, Andrés Pérez (6), Andrés Rey, Diego, Roberto (1), Daniel, Felipe (11), Daniel G. (1). Garaysa…

D. Teucro: 33 (16+17): Miguel, José Arosa (9), Aser (3), Marcos (1), Rafael (1), Jorge, Andrés Pérez (6), Andrés Rey, Diego, Roberto (1), Daniel, Felipe (11), Daniel G. (1).

Garaysa Xiria: 26 (13-13): Jorge, Buño, Daniel García (3), Gabriel (2), Iván Campos (7), Raúl (1), Diego (1), Lolo (3), Alejandro, Iván Calvo (2), Enrique (7).

Colexiado: Marcos Pérez e César Carballo.

O Garaysa Xiria viaxaba ata Pontevedra para enfrontarse á S.D. Teucro, co que se encontraba empatado a puntos pero un posto por debaixo pola diferenza de goles. Os de Carballo chegaban coa intención de manter a súa boa racha de vitorias e seguir escalando postos na táboa, pero nesta ocasión non puido ser.

O partido comezaba con alternancias no marcador, aínda que a primeira vantaxe tomárona os locais que no minuto 5 gañaban por 2 goles de diferenza, pero o Xiria reaccionou pronto e conseguiu colocarse por diante (minuto 12). O Teucro recuperou pronto a boa fluidez en ataque e afianzouse na defensa e, unido a varios erros non forzados do Xiria, recuperou o dominio do encontro, que chegaba 16-13 ao descanso.

Na segunda metade o Xiria saíu forte mentalmente e con moitas ganas de darlle a volta ó partido, pero o ataque do Teucro volvíase implacable. Tras varios minutos de intercambio de goles por ambos os dous equipos o Xiria cometeu varias pérdidas de balón froito dos nervios que lles puxeron moi costa arriba o partido. O cansazo físico tamén comezaba a facer estragos e o Garaysa non puido máis que ir mantendo o resultado.

Destacar a boa aportación dos xogadores de primeiro ano que, como xa subliñamos hai varias xornadas, estanse a adaptar ás mil marabillas ao ritmo do equipo. Polo demais este pequeno tropezo non ensombrecerá todo o bo traballo que se está a realizar e na vindeira xornada, o vindeiro domingo na casa contra o Bm Moaña, volveremos ver un Xiria como ao que estamos acostumados, un Xiria ganador.