1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 7
06/11/2010 LAS CINCO JOTAS LAVADORES 34 – CALVO XIRIA 30
Las Cinco Jotas 34 (13+21): García [p, 2 pdas.], Yago, Tomás (1), Pato (6), Chapela (4), León (3), Mario (1/ 1 de 7m) –equipo inicial- Dani [p, 12 pdas/ 1 de 7m], Fernando (2), Álex (15/ 2 de 7m), Sergey, Joserra (1), Edgar e Javi (1).
Calvo Xiria 30 (14+16): Iago [p, 7 pdas/ 3 de 7m], Suso (2), Dubra (1), Cuco (1), Pablo (12/ 2 de 7m), Manu (3 ), Borja (3 ) –equipo inicial- Kike [p, 4 pdas], Jesús (3), Christophe, Álex Zas (3), Fer (1), Ramón e Brais (1).
Colexiados: Ioan Laba e Marc Garau (Federación Territirial Catalana). Excluíron a Yago (min 53), Fernando (min 27), Pato (min 1), Joserra (min 15 e 24) e Tomás (min 27 e 42) por parte local e a Cuco (min 10), Manu (min 13), Borja (min 41) e Christophe (min 43) por parte visitante.
Marcador: 2-4, 5-6, 7-8, 7-9, 10-11, 13-14 (descanso), 19-17, 21-19, 23-22, 26-23, 29-26, 34-30 (final).
7 metros: Las Cinco Jotas: 3 / 6 # # # Calvo Xiria: 2 / 3
De desafortunada podemos cualificar a sétima xornada de liga en PRIMEIRA DIVISIÓN ESTATAL. Nun partido bastante igualado, no que destacou o duelo de goleadores entre o ruso Tsybanev e o carballés Pablo, o Calvo Xiria desaproveitou unha magnífica oportunidade para puntuar e, despois de ir dominando durante unha boa parte do choque, caeu derrotado no Pavillón Municipal de Lavadores (Vigo) ante o equipo local do Las Cinco Jotas por 34-30.
Comezou moi ben o partido para o Calvo Xiria que cun Pablo tremendamente inspirado axiña tomou o mando con vantaxes sucesivas de un e dous goles. A pesar de que os locais conseguiron empatar no minuto sete (5-5) e posteriormente no once (6-6) o xogo raudo e veloz dos rapaces de Marcos Rodríguez permitiulles alcanzar unha renda de tres goles. 7-10 sinalaba o electrónico ao pouco se superarse o minuto vinte. Con todo a favor, o Calvo Xiria sufriu un apagón mental no xogo de ataque que aproveitaron os locais para igualar de novo a contenda (10-10) a falta de seis minutos para o descanso. Os de Carballo pouco a pouco foron retomando o control e a trinta e cinco segundos para o remate do acto gañaban por dous (12-14). Na escasa marxe final houbo tempo para que o local Álex Tsybanev acurtara distancias e, aínda, para que o Calvo Xiria marrase un lanzamento de sete metros. Así pois, cando os xogadores toman o camiño dos vestiarios, o taboleiro de marcas sinala un 13-14 favorable aos verdinegros.
As cousas foron ben distintas no segundo acto. Moi pouco tardaron os de Lavadores en voltear o partido e no minuto trinta e tres colócanse diante por primeira vez (17-16) cun golazo de Jacobo Pato. O Xiria non atopaba solucións en ataque e a vantaxe local increméntase ata tres (20-17) no minuto trinta e seis. Nun arreón no que os visitantes sacaran a relucir a súa garra e orgullo foron quen de igualar e ata de poñerse outra vez por diante. O luminoso chegou amosar un 21-22 no minuto corenta e dous, pero o esforzo foi inútil, a defensa dos vigueses xa non permitiu máis ao Xiria atopar os ocos necesarios e aínda que os visitantes tentaron facer o mesmo, o lanzamento exterior de Pato e sobre todo do ruso Álex Tsybanev –que con 15 goles foi o máximo artilleiro do evento- permitiron ao Las Cinco Jotas irse escapando ata acadar unha apreciable vantaxe de cinco goles (29-24) no minuto cincuenta e tres. Cunha defensa moi abafante en todo a pista os carballeses tentaron reducir distancias e aproximáronse ata os dous goles (29-27) a falta de tres minutos para o remate. Pero a fazaña non era doada, os nervios e as consecuentes precipitacións agraváronse a medida que o crono avanzaba de xeito inexorable. Finalmente o Calvo Xiria acabou cedendo por un enganoso 34-30.
Agora veñen dous partidos seguidos na casa. O vindeiro sábado visita o “Pavillón Vila de Noia” o Magope Seis do Nadal e dentro de dúas semanas recibiremos ao Bm. Porriño, sólido líder da competición.