RASOEIRO BM. 16 – GARAYSA XIRIA 30
Rasoeiro Bm.: 16 (7+9): Rubén, Aarón, Sergio (3), Christian (5), Adrián, Samuel (2), Eduardo, Pablo (1), Antonio (5), Miguel. Garaysa Xiria: 30 (13+17): Jorge, Buño, Daniel García (1), Gabriel, Iván…
Rasoeiro Bm.: 16 (7+9): Rubén, Aarón, Sergio (3), Christian (5), Adrián, Samuel (2), Eduardo, Pablo (1), Antonio (5), Miguel.
Garaysa Xiria: 30 (13+17): Jorge, Buño, Daniel García (1), Gabriel, Iván Campos (5), Raúl (2), Diego (5), Lolo (4), Alejandro, Iván Calvo (5), Enrique (8).
Colexiado: Pablo Goitia.
O Garaysa Xiria ddesprazouse ata O Grove para disputar o encontro, pertencente á 8ª xornada de liga na División de Honra infantil, ante o rasoeiro Bm, colista da competición.
Os de Carballo, sabendo da súa superioridade, comezaron o encontro demasiado relaxados e non foron quen de impoñer o seu ritmo de xogo, deixándose levar polo ritmo lento do Rasoeiro que facía ataques moi longos e con moitas interrupcións. Aínda que, xa dende o inicio, o Xiria dominou o marcador, esta renta non era a que cabía esperar pola diferenza de potencial entre ambos conxuntos. E así pasaron os minutos ata o remate da primeira metade que arroxou un marcador de 7-13 a prol do Garaysa.
Co comezo do segundo tempo viuse a un Xiria máis vivo, con ganas de impoñer a súa velocidade habitual, e así foi durante os primeiros minutos, pero, pouco a pouco, foise contaxiando de novo do ritmo pausado dos locais. Ao remate 16-30 no electrónico, dous puntos máis que nos fan escalar postos na táboa colocándonos como 3º clasificados detrás do Bueu e do Octavio de Vigo, rival éste último contra o que nos veremos as caras na seguinte xornada, nun encontro que de seguro nada terá que ver con éste.
Os xogadores do Garaysa que dispoñen de menos minutos de xogo tiveron unha boa oportunidade neste encontro para amosar a súa gran valía e facernos ver que son moi capaces de tomar as rendas do equipo. Tamén debemos destacar a boa aportación dos nosos porteiros que mantiveron a concentración durante os longos ataques do Rasoeiro e fixeron paradas de gran factura.