Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Loita polo primeiro posto

Vivirá este sábado Carballo o partido clave para saber que equipo ten máis opcións de levarse a liga de 1ª Estatal esta tempada, un deses encontros que non se debe…

Vivirá este sábado Carballo o partido clave para saber que equipo ten máis opcións de levarse a liga de 1ª Estatal esta tempada, un deses encontros que non se debe de perder ningún afeccionado ao deporte, pois o ambiente que presentará a grada do Vila de Noia ás 18:00 será espectacular, e na cancha dous conxuntos, Calvo Xiria e Bm Chapela, que non escatimarán nada para vencer ao rival. Por parte local, o técnico poderá contar, se o estima conveniente, con Pablo e Iago que están de alta médica e que xa levan unhas cantas sesións de adestramento cos seus compañeiros, tamén podería ser da partida Cuco que se atopa en Carballo de vacacións.

Moitísima intensidade para sobrepoñerse ao duro xogo defensivo dos visitantes van precisar todos os xogadores do Xiria, mais sabedores do que hai que xogo non renunciarán a traballar o que sexa necesario para tratar de facerse cos puntos en xogo. Tamén na parcela defensiva deberá de facer o mellor encontro do ano se quere saír vitorioso deste envite. Dende logo a semana de adestramento foi do mellor da tempada, con todos os xogadores centrados nun único obxectivo, a vitoria.

O Goldie Xiria remata a Liga da Primeira División Autonómica visitando ao SD Teucro Pescamar, este sábado as 12 da mañá en Pontevedra. Na primeira volta o Goldie dou a sorpresa vencendo en Carballo ao terceiro clasificado, intentará desta vez volver a complicarlle as cousas as pontevedresas. Adriana, Juana, Brenda e Tamara seguen cos procesos de gripe, mentras que Marta perderase o partido por traballo.

Os cadetes do Grupo Lemaco comezan este sábado a Copa Federación, o encontro será contra o AD Carballal no Pavillón do CEIP Fogar ás 12:45h. Os cadetes do Xiria teñen postas moitas expectativas nesta competición na que parten coma uns dos equipos favoritos. Volve, despois do parón de semana santa a fase final do campionato galego infantil e nesta segunda xornada, o Garaysa Xiria viaxa a Cangas para enfrontarse ao Luceros o domingo día 3 ás 11:15 no pavillón municipal de O Gatañal.

Ambos conxuntos veñen de perder na xornada inaugural, polo que conseguir os dous puntos será de suma importancia. Para logralo, os carballeses deben traballar máis como colectivo, xa que o esforzo de todos é vital á hora de manter un bo ritmo de xogo durante todo o partido. Son baixa por lesión Franco Rial e Julio Ferreiro.

Tamén o domingo, viaxan a Ferrol os infantís do Marmolería José Rey, para enfrontarse ao Bm. Ferrolterra ás 10:00 no pavillón do Ensanche. Nestá nova xornada da Cópa Deputación os visitantes quererán facer ver que o seu nivel competitivo aumentou despois do Carballo Handball Festival. Son baixa por lesión Antonio Calvelo e Alejandro Santos.

Máis sobre isto