Loita titánica do Calvo Xiria na súa derrota en Gáldar

O Calvo Xiria regresou valeiro do desprazamento a Gran Canaria. O encontro decidiuse nos últimos minutos onde aos de Carballo faltoulles efecacia na liña de 6 metros, sendo o porteiro local, Saúl Rodríguez o principal protagonista que evitou que o Calvo Xiria levase un resultado positivo das illas.

O choque comezou con moita igualdade, o aspecto físico era clave xa que os dous equipos xogan un balonmán de alto ritmo. Mediada a primeira metade, e tras os cambios realizados os canarios marcháronse de 3 goles (9-6); con senllos contraataques que definía Yanis, o Calvo Xiria perdera a fluídez do xogo, o que proporcionou vantaxe a Gáldar. Pronto volveu ao seu xogo habitual, e cun gran traballo, chegaba ao descanso 12 a 11.

Na segunda metade, gran inicio do Calvo Xiria, que poñía o empate a 13, a pesar de ser un xogador menos. Antonio Mato que estaba a realizar un bo partido, freaba as superioridade insular con dúas grandes intervencións.

O partido proseguía igualado, ata chegar ao minuto 48 (23 a 20), onde Saúl, porteiro local, recollía a testemuña de Antonio Mato, na portería, mentres Emiliano, tiraba da faceta goleadora, para dar vantaxe o Gáldar.

O Calvo Xiria seguiu loitando, Samuel Veiga entrou na defensa central, substituíndo a un Jorge Bouzas lesionado, o cal estaba a realizar unha excelente defensa central xunto a David García.

Enganchouse de novo ao partido con goles de Gabriel Castiñeiras e Mario Cancela. Darío detiña uns 7 metros a Yanis. Parecía que lle daba a volta ao partido o Calvo Xiria; pero Saúl desde os 6 metros detiña as boas opcións de gol que creara o Calvo Xiria.

Chegábase ao úlitmo minuto do choque cun xogador máis e Gáldar un gol arriba. O Xiria decidiu mal a situación de ataque e á contra pitábase uns 7 metros dubidoso que poñía o marcador final en 28 a 26.

A semana que vén o Calvo Xiria xoga en Carballo, ante un Bm Ingenio que agora mesmo marcha segundo da clasificación.

Desatascos Jumbo Gáldar 28 – Calvo Xiria 26

Desatascos Jumbo Gáldar (12+16): Hugo Manuel Gómez, Simón Ignacio Aguilera (1), Jesús Alejandro Mendoza (3), Emiliano Manuel (6), Saúl Rodríguez, Benjamín Rodrigo Illesca (3), Cayetano Elías, Carlos Mederos, Yanis Ramírez (7), Guillermo Arencibia, Yyaron Ramirez, Saulo López, Derek Pulido (4), Álvaro Luis Díaz (4).


Calvo Xiria (11+15): , Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (4), Gabriel Castiñeiras (5), David García (5), Chimpo Rodríguez (1), Samuel Veiga, Daniel Periscal (1), Diego Antelo (3), Orlando Salupassa (1), Jorge Bouzas, Carlos Varela, Diego Gago (1), Mario Cancela (5), Senén Garea.


Árbitros: Alfonso Moreno e Miguel Ángel Indiano.


Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-5, 9-6, 10-7, 12-9, 12-11, (descanso), 15-13, 17-16, 19-18, 23-20, 25-23, 28-26 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 10ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Juan Vega Mateos (Gáldar).