O encontro enfrentaba a ambos conxuntos en liza pola primeira praza da clasificación, invictos ata a fecha, pero o Culleredo amosou unha superioridade física nos 1×1 máis unha defensa moi intensa que o Grupo Lmeaco B non foi quen de superar.
GRUPO LEMACO XIRIA B 22 – 33 BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
https://www.youtube.com/live/cMMOvdV0auo
O encontro non comezou ben para as cadetes do Xiria, cun exceso de presión que se deixaba ver na indecisión das accións e a falta de contacto. Un tempo morto no minuto 7 cambiou a dinámica do equipo, que recortaba distanzas de forma paulatina. Sin embargo, os 1×1 de Lola e a superioridade da defensa do conxunto vermello devolveron os mandos do partido a un Culleredo superior na primeira metade. Os trocos non surtiron efecto e chegou o intermedio con moderada vantaxe para as visitantes (10-15).
Na segunda metade e con maior calma, as xogadoras do Xiria atoparon máis espazos froito dun bo xogo colectivo, pero os erros de lanzamento e o éxito ofensivo das líderes da Liga deixou sin opcións a un Grupo Lemaco B que fixo todo o posible a pesar de ter un mal día (22-33).
Esta semana as cadetes viaxan ata Santa Comba para pechar a primeira Fase de Liga co derradeiro partido ante Xallas.