Magope Seis do Nadal 21 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 30

10/03/2004 6ª XORNADA

MAGOPE SEIS DO NADAL: César, Rodriguez ( 1 ), Alvaro ( 6 ), Paulino ( 2 ), Rodrigo ( 5 ), Alejandro ( 2 ), Alexandre – equipo inicial – Borja ( 1 ), Jorge, Adrián, Cristóbal, Javier ( 3 ), Marcelo, López ( 1 ).

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 5 ), Fernando ( 3 ), Dubra ( 3 ), Chimpo , Carlos ( 8 ), Pablo ( 7 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo ( 2 ), Queco, Alberto ( 2 ).

O Asesoría Sueiro Xiria non fixo un gran partido no primeiro partido da segunda volta da liga galega xuvenil mais acadou a sexta victoria consecutiva perante o Seis do Nadal por un resultado final de 21 a 30.

Non foi un partido dos que fai afección o que se disputou no pavillón vigués de Coia entre dous equipos con grandes diferencias de potencial. Comezou o cadro vigués moi ilusionado mandando no marcador durante os primeiros vinte minutos de xogo nos que un descentrado Xiria non era nin a sombra do equipo o que nos ten acostumados.

Sen facer grandes esforzos, diríase que se reservaba para as vindeiras xornadas, a escuadra carballesa conseguía irse ó descanso con tres goles de vantaxe no electrónico.

A segunda metade non diferiu moito dos primeiros trinta minutos a non ser por unha parcial actuación arbitral que castigaba os de Carballo con sete exclusións neste tempo. Foron estes os momentos de maior concentración en defensa do Asesoría Sueiro que lle serviron, estando un e dous xogadores menos, para romper definitivamente o partido nunha demostración da diferencia real entre os dous planteis.

A vindeira fin de semana enfróntanse o Xiria e o Cangas nun partido vital nas aspiracións dos dous conxuntos e no que unha derrota dos do Morrazo os apartaría case que definitivamente da loita por unha das dúas prazas que dan acceso a seguinte fase.

3-1 / 4-2 / 5-4 / 8-8 / 10-12 / 13-16 / 14-18 / 15-20 / 17-23 / 18-25 / 20-28 / 21-30

O colexiados Srs. Pino e Centeno non foron do agrado de ningún dos conxuntos.