Mal partido e ampla derrota do Goldie Xiria en Tui

Non foi o mellor día das mozas de ouro en Tui e o equipo local, que se mostrou moi superior desde os inicios, impúxose con comodidade en todas as facetas do xogo. Os lanzamentos das dúas laterais tudenses impoñíanse á retagarda carballesa cun 100% de efectividade e o ataque posicional das verdinegras non respondía moito mellor, atopando demasiadas dificultades na circulación do balón e estrelándose unha e outra vez na defensa ou na porteira do conxunto amarelo. O 14-8 que reflectía o marcador ao descanso e a diferenza que se viu no primeiros trinta minutos entre os dous equipos, parecía dar por sentenciado o encontro, ou, como mínimo, poñer as cousas moi costa arriba para as visitantes. Algo mellor fóronlle as cousas ao Goldie Xiria no segundo acto e é que a maior profundidade defensiva propiciaba os erros e as recuperacións por parte das de Carballo, finalizando e acurtando as diferenzas grazas a rápidos contragolpes. Con todo, o traballo e as sensacións positivas na continuación non eran suficientes para sorprender a un BM Tui moi serio e apoiado na ampla vantaxe lograda con anterioridade. O segundos trinta minutos deixaban un 11-10, fiel reflexo de que o xogo se había mostrado moito máis igualado, pero insuficiente cara a conseguir os dous puntos en xogo, que no día de onte, quedaban na localidade pontevedresa.

BM. Tui: 30 (14+11). Noemí Romero, Eva Álvarez (3), Nerea Míguez (3), Andrea Iglésias, Susana Méndez (2), Alba Ferreiro (2), Nerea Sánchez, Patricia Fernández, Andrea Gregores (2), Begoña Toucedo (5), Marta Rodríguez (5), Estefanía Pérez (3).

Goldie Xiria: 18 (8+10). Brenda Noya (p), Uxía Pazos, Saray Couto, Alba Rodríguez (2), Raquel Gómez (6), Juana Garrochena (3), Adriana Groba, Tamara Pombo(3), Elena Segade, Zeltia Landeira (1), Natalia Solís (2), Nuria Noya, Seila Ferreiro (1)..

Arbitros: Yoel Pereira e José Angel Rodríguez. Non estiveron acertados, inda qu non influiron no resultado final.

Incidencias: Penúltimo encontro pola permanencia en 1ª autonómica feminina disputado no Novo Pavillón de Tui ante un centenar de seareiros.