Derrota no derbi do Grupo Lemaco

Derrota no derbi do Grupo Lemaco

O Grupo Lemaco Xiria, iniciaba a segunda volta do campionato en casa fronte ao BM.Artabro, despois de acadar un meritorio carto posto no derradeiro partido do 2014 en Porriño. O derbi contra os coruñeses no día de hoxe, foi ben distinto a aquel e inda que se preveía un choque igualado e intenso, poucos podían imaxinar un partido tan alocado por parte dos dous conxuntos.As defensas estiveron ausentes durante todo o envite e o xogo convertíuse nun ida e volta na maior parte do mesmo, de aí o avultado do resultado final (41-42).

O Grupo Lemaco dominaría o electrónico nos primeiros vinte minutos (12-10), pero a partires de eiquí e cun 2-5 de parcial, os da Coruña marcharían  aos vestiarios no tempo de descanso cun 16-19 ao seu favor. Nos primeiros cinco minutos da reanudación, os visitantes conseguirían outro parcial contundente, neste caso un 0-6 que sería definitivo cara ao resultado final. Os de carballo irían sempre a remolque e non serían capaces de superar ao seu rival no día de hoxe, feito que lles deixa sen sumar dous puntos importantísimos para seguir na pelexa polas primeiras prazas e perde a cuarta praza en favor do Teucro de Pontevedra.

Grupo Lemaco Xiria: 41 (16+25). Manuel Souto, Carlos Vilanova (13), Antón Traba (4), Andrés Vila (3), Roi Alfeirán (1), Daniel Esmorís (6), Juan Carlos Rodríguez (14)-Equipo Inicial-Mario Lema, Samuel Castiñeiras, José Varela, Ronaldo Durán, Andy Rey, Manuel Sánchez.

BM.Artabro: 42 (19+23). Eloi, Iago (10), Pablo (8), Domingo (5), Javi (5), Jorge (5), Abril (5)-Equipo Inicial-Jaime (1), Eiriksson, Jacobo (2), Dani, Miguel, Oscar, Pablo (1).

Árbitro: Gabriel Folgoso. Non influíu no resultado final.

Resultado cada 5´: 5-3, 7-4, 10-7, 12-10, 14-15, 16-19-Descanso-19-22, 23-27, 28-30, 30-32, 36-39, 41-42.

Incidencias:Partido da xornada nº 13 da División De Honra en categoría Cadete, disputado no Vila De Noia ante a presenza de cincoenta seguidores de ambos os dous conxuntos.

Clasificación xornada 13:

Cadetes numer 13

Fotos do partido:

xiria - ártabro 005

xiria - ártabro 006

xiria - ártabro 014