Marcos Trigo, Nova incorporación ao corpo técnico da Sección de Balonmán da AD Xiria

Marcos Trigo Facal (Carballo 1977) incorpórase ao cadro de técnicos do club carballés. O adestrador de Ardaña formouse como xogador nas categorías inferiores da A.D. Xiria onde tamén xogou no equipo sénior durante varias campañas para posteiormente pasar ao Conservas Boya de Camariñas que foi onde rematou a súa etapa como xogador e comezou a de adestrador. Dirixiu durante varias campañas diversos equipos de base da Escola Municipal de Camariñas e nas dúas últimas temporadas foi o encargado de levar as rendas do equipo de 2ª nacional do Conservas Boya.

Nesta nova etapa coa A.D. Xiria será o encargado de dirixir ao equipo xuvenil masculino do Asesoría Sueiro Xiria ademáis de realizar diversas tarefas de apoio ao adestrador do equipo sénior do Calvo Xiria e coordinador deportivo da sección Marcos Rodríguez. A directiva valorou moi positivamente o grao de coñecemento que Marcos ten do noso club e da forma de traballo de Xiria así como que é un home acostumado a traballar, e ben, coas categoría de base, como amosan os éxitos deportivos acadados polos equipos que dirixiu en Camariñas.