VIPECÓN XIRIA 24 – SD TEUCRO NORBROK 27
Vipecón Xiria 24 (14+10): Bisbi, David (8), Miguel (2), Brais (4), Iago (4), Martín, Antón (3) -equipoinicial- Joaquín, Ricardo, Chouci (3), Heitor, Damián, Iván Eiroa, Iván Lorenzo. SD Teucro Norbrok…
Vipecón Xiria 24 (14+10): Bisbi, David (8), Miguel (2), Brais (4), Iago (4), Martín, Antón (3) -equipoinicial- Joaquín, Ricardo, Chouci (3), Heitor, Damián, Iván Eiroa, Iván Lorenzo.
SD Teucro Norbrok 27 (13+14): Antonio, Dani (1), Carlos (7), Xian (6), Miguel (3), Estanislao (6), Alexandre (4) -equipo inicial- Barco, Santi, Andrés, Gilsanz, Pedro, Iago, J. Ramón.
Colexiados: Pablo Méndez e Vicente Pérez non estiveron afortunados, pero non influiron no resultado final.
O Vipecón Xiria enfrontouse á SD Teucro Norbrok en encontro pertencente á terceira xornada da División de Honra Cadete disputado no pavillón da Zona Escolar de Carballo. O encontro decantouse cara o lado visitante por 24 a 27.
Dous verdadeiros equipazos con moito futuro nas súas filas se enfrontaban na pista carballesa e facíano a sabendas da súa igualdade. O partido non defraudou as expectativas e xa dende o inicio os dous equipos se amosaron contundentes e intensos, despregando un xogo rápido e vistoso en ataque con moitas mostras de calidade e tamén moita prudencia en tarefas defensivas. A primeira metade desenvolveuse con moita igualdade no marcador, con mínimas vantaxes para un e outro equipo ao longo dos trinta minutos. O marcador, que reflectía no intermedio un 14-13 a prol dos locais deixaba todo o suspense cara o reinicio.
A segunda metade foi vibrante e chea de tensión. Os visitantes conseguían facer moito dano coa súa primeira liña, sobre todo no central e no lateral esquerdo e os xogadores carballeses non estaban acertados nas axudas defensivas. A defensa mixta planteada polos pontevedreses sobre David fixo moito dano ao Vipecón Xiria, a quen lle custaba perforar a meta rival ante o boa laboura do porteiro visitante. Así foi como o Teucro Norbrok colleu unha lixeira renda que xa non abandonaría e que foi definitiva cara o final. Como era previsto, os locais non se deron por vencidos e achegáronse no marcador grazas a unha defensa individual sobre os seus xogadores máis determinantes pero o saber estar dos do Lérez e o escaso tempo restante facía insuficiente a remontada.
Destacar a loita e a entrega dos bergantiñáns que a vindeira fin de semana viaxan a Vigo para xogar contra un dos equipo importantes nos últimos anos, o Lavadores.