Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Martín Gómez «Zúpez» incorpórase ao Calvo Xiria

O gardameta Martín Gómez Taibo «Zúpez» (Carballo 1995) retorna, tras varios meses de ausencia, á disciplina do Calvo Xiria. Logo de varios meses sen poder adestrar por motivos laborais, con…

O gardameta Martín Gómez Taibo «Zúpez» (Carballo 1995) retorna, tras varios meses de ausencia, á disciplina do Calvo Xiria.

Logo de varios meses sen poder adestrar por motivos laborais, con tan só 21 anos e un gran e prometedor fúturo por diante, Zúpez únese ao Calvo Xiria nunha tempada, ata o día de hoxe, histórica.

Así axudará ao club no que se formou a seguir na loita polo camiño do ascenso á División de Honra Prata.

O meta carballés contribuiu a pasada campaña de xeito destacado á consecución do título ligueiro, tendo actuacións memorables.

Destacar tamén na súa traxectoria o seu paso polas categorías de base, onde sempre foi un referente na portería en todas as categorías, participando en campionatos de España tanto co club como coa selección galega.

Deste xeito conformará, xunto con Iago Gómez e o xuvenil Antonio Mato, unha fantástica terna na portería, unha das mellores porterías da categoría.

Quizais poida xa estar a disposición do corpo técnico para esta fin de semana.

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto