Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Sufre o Calvo Xiria para levarse a vitoria

Non tivo un partido sinxelo, tal e como se prevía, o Calvo Xiria o pasado fin de semana no que recibiu a visita do Bm. Porriño, un equipo con moita…

Non tivo un partido sinxelo, tal e como se prevía, o Calvo Xiria o pasado fin de semana no que recibiu a visita do Bm. Porriño, un equipo con moita experiencia e que soubo levar o partido ao punto que máis lle interesou. Nos primeiros trinta minutos as defensas foron practicamente inexistentes, dando moitas facilidades a que os xogadores chegasen a posicións moi cómodas de lanzamento sen oposición. Os tres goles de vantaxe para os carballeses foron froito de tres roubos de balóns consecutivos que fixeron marchar aos locais co mando no marcador, mais non así no partido.

A segunda parte mudou a súa faciana o Calvo Xiria, e tamén o Porriño, cunha defensa moito máis centrada, provocando erros nos xogadores ofensivos. Os visitantes chegaron a empatar o encontro, pero o mellor aproveitamento das superioridades numéricas por parte dos carballeses, a pesar de estar seis veces en inferioridade por cinco dos do Porriño, foi fundamental para levarse os puntos e continuar ca racha de vitorias.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 450 seareiros entre os que se atopaba un grupo chegado do Porriño. Colexiados: Fernando López Fernández e Javier Gutiérrez Quintano do colexio cántabro. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria, Brais Puñal (9´), Manuel Méndez (23´, 34´), Hugo Rodríguez (25´, 59´), Sergio Facal (54´), namentres polo Construcciones Castro Bm Porriño foron sancionados Iván Fernades (6´, 58´), Samuel Pereiro (21´, 36´, 42´). 7 metros Calvo Xiria 2//4 Construcciones Castro Bm Porriño 8//8. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 5-4, 9-6, 11-10, 15-14, 19-16, descanso, 20-19, 23-21, 25-23, 26-24, 28-25, 31-28.

CALVO XIRIA 31 (19+12): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal, Manuel Méndez (4), Sergio Facal (2), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (3), Julián López, Carlos Vilanova (1), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (6), Javier Rodríguez (1), Miguel Suárez-Pumariega, Gonzalo Pombo, Hugo Rodríguez (8).

CONSTRUCCIONES CASTRO BM PORRIÑO 28 (16+12): Adrián Boullosa [p], Jesús M. Soliño [p], Arkaitz Vargas (4), Gabriel Isidro (2), Samuel Pererio (3), Iván Fernandes, Adrián Rodríguez, Roberto Couso (1), Xurxo Ojea, David Escudero, Ángel Soliño, Alejandro Pereiro, Jorge Fontenla (13), Fermín Bazada, Martín Davila, Sergio Pereira.

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto